Pere Tobaruela (Barcelona, 1965), é licenciado en Xeografía e Historia e desenvolveu tarefas xornalísticas durante bastante tempo ata que, hai uns anos, decidiu dedicarse só á súa carreira literaria.
De feito, desde 1999 leva publicadas unha decena de obras, todas en catalán: ensaio (El delta del Llobregat, Etologia e Floquet per sempre), escolma de entrevistas (Darrere l’horitzó e L’home i el territori), novela xuvenil (La Torre dels Moros e La Clau d’Aigua), biografía (Okorobikó. Una biografia de Jordi Sabater Pi, editada pola National Geographic), cómic (Les aventures de Floquet de Neu) e mais novela para adultos (En blanc i negre).
Actualmente afincado en Galicia, incorporouse á literatura galega co libro de relatos Con ollos de neno, unha mirada crítica ao mundo actual e aos problemas que preocupan as cativos. Na lingua galega, escribiu algunhas das aventuras de cabaliño Blanco de Cores, Vouvos papar , en colaboración con Luz Méndez, e Viaxe dun can de palleiro.
Publicacións:
A rebelión das rúas. De Pere Tobaruela e A.Meixide. Colección: Branco de Cores, nº3, Sotelo Blanco Edicións
Unha vaca marela en Compostela. Colección: Branco de Cores, nº 5, Sotelo Blanco Edicións (2009).
Unha pantasma na cidade? Colección: Branco de Cores, nº6, Sotelo Branco Edicións.
Con ollos de neno. Colección: Mandaio, nº 22, Biblos clube de lectores.
Vouvos papar. De Pere Tobaruela e Luz Méndez. Xerais 2008.
Viaxes dun can de Palleiro. Colección: Sotelo Blanco infantil e xuvenil, nº 50, Sotelo Branco Edicións (2009)

No hay comentarios:
Publicar un comentario