PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Entrevista ao escritor PERE TOBARUELA, realizada por Alba Campo Alves e Sandra Darriba Priego, alumnas de 2º ESO C

O día 24 de novembro visitounos no IES Pedro Floriani o escritor, nado en Barcelona, Pere Tobaruela. Asistimos a falar con el o alumnado de primeiro e segundo de ESO, que leramos o seu libro Viaxes dun can de palleiro.
A nosa curiosidade levounos a facerlle preguntas coma estas:
Por que es escritor? Gustábame escribir. E non pensaba ser escritor, pero gustábame publicar.
Pensas facer algunha película? Iso non é decisión do escritor.
Por que o libro ten tan poucas páxinas? É unha decisión da editorial.
Por que ese título? Porque viaxa moito e o can é o protagonista.
Tes algún can? Tiven, pero agora non.
Cantos libros escribiches? Uns 30.
Cal é o teu preferido? Case sempre é o que estás a escribir. Este libro lino unhas 30 veces. Cando o escribes, vívelo.
Por que fixeches este libro? Gustoume a idea, pareceume importante.
Por que te baseas na Odisea? Intentaba achegar a Odisea orixinal a vós dunha forma que entendades.
Só es escritor? Son un escritor profesional, publico en moitos sitios, entón gaño o suficiente para vivir. Levo 20 anos publicando e vivo da escritura hai 6.
Con cantos anos empezaches a publicar? Con 15 ou 16. Publiquei o primeiro libro en 1999.
Como tardaches tanto en escribilo se podías non gañar diñeiro? Hai que arriscarse.
Por que escribiches o libro en galego? Porque é para os galegos; se fose para os cataláns, faríao en catalán.
Como escribes en galego se es catalán? Cheguei en 2005 e escribín aquí. Tamén escribín historias para aprender o galego.
Por que un can relata a obra? Os heroes son os máis fortes e guapos. O can é o menos parecido a un heroe pero el é un heroe en si.
Por que o protagonista é un can de palleiro e non outra raza? Para min é o típico can feo, o tipo máis vulgar de can.
Por que non lle puxeches nome ao can? Realmente importa? Un can de palleiro é un can de palleiro e todos o coñecedes. Está moi individualizado.
Por que as sereas eran así? As imaxes que temos delas son de Walt Disney, hoxe en día todos son guapos, pero na realidade non é así. Ben, non sei se existiron.
Ulises existiu? Malo será...
Por que ás Illas Cíes as chamas Sías? Porque antes se chamaban Sías e eu quero recuperar os topónimos.
Por que non puxeches ilustracións? Porque custa máis diñeiro, pero quedaría moi ben.
En que te inspiras? É moi difícil... Eu teño métodos, cando escribes é como un estado de ánimo. Por exemplo, se estou escribindo algo triste poño na radio unha canción triste e se escribo algo alegre poño unha canción alegre.
Vas continuar este libro? De momento non o teño pensado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario