Chegamos ao salón de actos a xunto del, o primeiro que nos dixo foi que estaba moi contento de estar connosco para falar dun libro seu que sabía ou supuña que todos nós leramos.
-A que anos comezaches a escribir e cal foi o motivo que te impulsou a facelo?
-Comecei aos 15 ou aos 16 anos, non me lembro a idade xusta pero andaría por aí, e comecei porque ás veces o mellor amigo dun rapaz é o papel xa que lle podes confiar todo e non llo di a ninguén. Os meus sentimentos, o meu pensamento…, quedaron no papel gardados por sempre.
-Tivo moitas dificultades para publicar a súa obra?
-Non, excepto ao final que tiven que apuralo e rematalo porque a editorial fíxome acabalo en pouco tempo.
-Economicamente compénsalle escribir? E se non é así, entón porque outro motivo compénsalle?
-Economicamente claro que non compensa, moi poucos escritores viven só disto.Todos os escritores teñen outro emprego aparte da escritura, eu por exemplo son profesor de primaria.
Eu escribo porque, logo de ter escritos os libros que escribín ao longo da miña vida, a verdadeira recompensa aparece cando alguén se me achega e me di que lle gustou a miña obra.
Un día que estaba na praia, fixeime nunha muller que estaba a ler o meu libro, esa é a verdadeira recompensa. Unha mirada cómplice e un sorriso non hai moedas que os paguen.
-De que maneira inflúe o seu lugar de nacemento no libro?
-Pois... dalgunha maneira sempre acaba influíndo, porque eu fun criado nun lugar no que existían os regatos, os camiños, as montañas...polo que decidín inspirarme mellor nisto ca nas cidades.
-Que temáticas tratan as súas obras aparte da materia de Bretaña?
-Tamén tratan sobre o amor prohibido e cousas así.
-Cal é para vostede dos seus libros o favorito?
-A miña obra favorita, entre outras é Orballo da mañá porque é unha obra real.
-E o seu favorito doutros escritores?
-Gústame moito A Odisea de Homero polas súas descricións e porque conta moitísima historia, e antes de comezar a escribir unha obra así, hai que ambientarse e informarse sobre a época...
Eu a vós recoméndovos o libro de Robert Stevenson que se chama O diaño da botella pero non vos vou contar de que trata por se vos animades a lelo.
-Da literatura galega, cal é a súa obra favorita?
-Clásicos como Rosalía de Castro e tamén me gusta moito A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, paisano meu de Ourense.
-Por que escolleu para o libro que lemos un público xuvenil?
-Escollín un público xuvenil porque é coa xente que traballo cada día e paréceme que vos coñezo mellor a vós que as persoas maiores. A vos na idade na que estades nótasevos todo.
Escribir para un público maior é algo máis difícil porque igual se senten ofendidos polo que len, e vós aínda que pensedes que sodes moi maiores aínda sodes uns neniños e o que sentides e pensades é moi doado de saber.
-Por que titulou así o libro?
-Púxenlle este titulo Améndoas e flores silvestres, porque o cheiro das flores silvestres é moi fresco e ese cheiro tróuxome moitos recordos da miña xuventude que eu tiña ganas de recordar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario