PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Este ano celebramos o Samaín lendo relatos de terror na biblioteca. Á luz das cabazas e das candeas, con imaxes arrepiantes proxectadas na pantalla, lemos obras en varios idiomas (galego, inglés, francés...) que puñan a pel de galiña.
Algúns dos libros máis prestados con relatos de medo ou suspense son:
DIESTE, R.: Á lus do candil.
GASPAR, S.: Antoloxía do conto galego de medo.
MAUPASSANT, G. et al.: Contos de medo.
POE, E. A. et al.: El gran libro del miedo.
E as películas:
BAYONA, J.A.: El orfanato.
DEL TORO, G.: El laberinto do fauno.

UN TRUCO PARA O BUSCADOR MEIGA
Abre o buscador nesta ligazón. Se queres buscar todos os títulos que conteñen a palabra “medo” fai a seguinte busca:
BUSCAR POR: Frase ou texto
EN: Título
(Texto de busca): medo
PREGUNTA: Como podo facer para que non aparezan El caballero de Olmedo e Os comedores de patacas, que teñen as letras m-e-d-o dentro doutras palabras (Olm-e-d-o, com-e-d-ores)?
RESPOSTA: Fai a mesma busca, pero en vez de buscar por “Frase ou texto” busca por “Frase exacta”:
BUSCAR POR: Frase exacta
EN: Título
(Texto de busca): medo
Podes ir directamente aos resultados:
“medo” por Frase ou texto
“medo” por Frase exacta

No hay comentarios:

Publicar un comentario