As xornadas de formación de usuarios están destinadas a informar a todo o alumnado sobre o funcionamento xeral da biblioteca do centro.
Os aspectos básicos que se tratan en cada sesión son os seguintes:
• información sobre as normas xerais da biblioteca
• utilización do servicio de préstamo de fondos
• exposición da organización espacial dos fondos na biblioteca
• presentación do boletín trimestral coas súas actividades correspondentes
• explicación sobre o buscador MEIGA
En cada sesión, dunha hora de duración, dedicada a cada grupo da ESO trátanse tanto as cuestións puramente teóricas (normas, préstamo, organización..) como as prácticas. Para esto, deséñanse unha serie de exercicios prácticos de busca de fondos da biblioteca, indicándose as diferentes formas de busca así como unha busca mais refinado utilizando filtros (idiomas, seccións).
As propostas de busca son ben por lista alfabética ou por frase ou texto comprobando así o alumnado o resultado tan diferente que se obtén: nun caso é unha lista alfabética dos fondos que empezan polo texto de mostra e noutro caso obtéñense as fichas dos fondos que conteñen o texto de mostra.
Indicamos así mesmo, que ademais destas formas mais xerais de busca pódense utilizar outras por autor, materia (cine, CCNN, historia..), serie ( coleccións), CDU, editorial ou ISBN.
O calendario por cursos de formación de usuarios para este ano é o seguinte:
Neste ano académico decidimos elaborar unha actividade mais lúdica que compaxinara a busca no MEIGA coa localización dos fondos na nosa biblioteca. Deseñamos un xogo no que a personaxe principal é un trasno que quere enfrontarse o noso alumnado e gañarlle nun pulso por ver quen resolve mais rápido o misterio dos libros agochados.
Podes descargar os materiais relacionados con esta actividade na seguinte ligazón.
A continuación presentamos as regras do xogo e ao noso trasno
O TRASNO E AS SÚAS TRASNADAS
O XOGO:
ESTE TRASNIÑO SEMENTOU O CAOS NA NOSA BIIBLIOTECA: AGOCHOU LIBROS FORA DOS SEUS LUGARES HABITUAIS RESULTANDO UN DESORDEN COMPLETO.
O OBXECTIIVO DO XOGO É O DE LOCALIIZAR AS FICHAS DOS LIBROS DESAPARECIDOS.
EN CADA UNHA DAS FICHAS O TRASNO DEIXOU UNHA MENSAXE CON PISTAS E COMENTARIOS MALICIOSOS. CADA GRUPO DE ALUMNOS ( 6 EN TOTAL) DEBERÁ LOCALIZAR O TÍTULO E DEVOLVELO O SEU LUGAR DE ORIXE. CADA GRUPO QUE O CONSIGA RECIBE COMO RECOMPENSA UN ANACO DE TRASNO EN FORMA DE PUZZLE. SE TODOS OS GRUIPOS RESOLVEN O MIISTERIO, O PUZZLE PODERÁ COMPLETARSE E ASÍ TERÁN GAÑADO O XOGO AO TRASNO.