PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Diccionario de Franco Grande

O pasado 6 de xuño tivo lugar un acto de homenaxe ao diccionario de Franco Grande organizado polo Fundación Peña Novo de Redondela. O noso alumnado asistiu ao acto e a inauguración do monolito en honor ao seu autor.










O presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero felicitou ó noso alumno José Barros polo seu texto.

“Para min, un dicionario é moitas cousas. Por un lado, e atendendo só ao mundo material, un dicionario é un obxecto, un libro para ser exactos, máis ou menos groso. Pero tamén, neste actual mundo tecnolóxico no que vivimos, pode ser unha inxente base de datos colgada na rede. Sexa da primeira ou da segunda maneira, ambas gozan dun mesmo significado: “recompilación das palabras da linguaxe estándar dun determinado idioma”. se ben é verdade que tamén existen dicionarios especializados (de sinónimos e antónimos, centrados nun tema específico…).
Por outra banda, un dicionario é unha bolsa salvavidas. Cada ano, desde que se bota a andar, un dicionario percorere os distintos territorios do idioma do que trate, na procura de novas palabras, nacidas da oralidade e do seu uso coitán. Aínda así, non nos podemos olvidar desas outras palabras, aquelas que non son capaces de subirse a ese bote e afunden lentamente, cambian, distorsiónanse, até perderse na memoria; ou que con sorte, conseguen recalar nalgunha illa, nalgún oasis, e perdurar, xeración tras xeración, na memoria colectiva dun pobo, dunha familia… Porque estas palabras, orfas dun guía que as protexa, forman igual parte do idioma en cuestión que aqueloutras que si se atopan recollidas no dicionario.
En definitiva, un diccionario é o elemento de unión dun pobo. Dá igual que sexas de aldea ou de cidade, de costa ou de interior. Non importan as túas condicións ideolóxicas, culturais, económicas ou sociais. O dicionario, o idioma recollido nel, danos o noso significado completo, o noso nexo común como colectivo. E  no noso caso non é outro que ser galegos e amar a Galiza, terra de rumorosos e de costas verdescentes.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario