Setembro de 2015
1º día de clase en 3º eso B
1º día de clase en 3º eso B
Empezo coa presentación do inicio de curso, fago preguntas de historia en xeral, para avaliar, un pouco por encima, o nivel da clase; unha alumna en primeira fila levanta a man e comeza a falar con voz lixeiramente robotizada. puntualizo algo non correcto e durante o resto da clase me pide tres veces ir ao baño.
Ao chegar a casa comento o incidente e me di o meu marido profesor con experiencia neste campo: “esta alumna é especial e caíchelle mal”. A partir de ese día empeza unha relación que espero non remate nunca.

Aitana é moi sensible, cariñosa, gran lectora, apaixonada da historia, da literatura e da música. Ten gran sensibilidade polos problemas sociais, a fame no mundo, as inxustizas, o traballo infantil. Rí a gargalladas con “tempos modernos”, entusiásmase coas aventuras dos “tres mosqueteiros”, sabe consolar a súa amiga Dina cando está cansada, e é unha consumada bailarina, di que o baile é liberador…..pero ata agora tiña algúns problemas para controlar o seu xenio e pouca facilidade para facer amigos da súa idade.
Conquistoume con dous debuxos adicados, un deles para a miña irmá que neses momentos estaba ingresada nun hospital cunha enfermidade moi grave.
Notaba cando estaba preocupada, nerviosa, pendente do teléfono….prometín facer algo por ela.

“Aitana: ti queres ter amigas?” contestoume que si pero non sabía como. Rapidamente puxémonos “mans á obra”
O proceso foi rápido e fácil: seleccionamos varias compañeiras de 3º eso A e B; asistiron a varias reunións co orientador, e coa escusa de realizar un traballo de historia empezamos a reunirnos os luns nos recreos.
A gran proba foi unha excursión co profe de música, a Compostela que coincidía co seu aniversario. Tiña medo ao rexeito, a estar sola, non se sentía moi protexida. As súas compañeiras con moito interese a animaron. Pensouno dous día; decidiu ir e pasouno bomba.
Raquel Gil tiña o encargo de cantarlle o cumpreanos feliz no autobús e finalmente o día acabou cunha festa sorpresa preparada polas amigas na súa casa. Di a súa nai que foi un dos días máis felices da súa vida.
A partir dese momento está moito máis segura, participa en múltiples actividades, obradoiros exposicións para cursos de 2º da eso sobre a idade media e o Mío Cid, excursións…
Pasou nun curto período de tempo, do retraimento, a inhibición, o mal humor e o medo, a estar integrada na clase e no cole con compañeiros de outros niveis e da súa idade.
Na actualidade síntese querida, respectada; a invitan os amigos a súas casas, foi a cenar a casa de Dina, queda coa pandilla, a chaman para saír por Redondela e incluso está invitada este verán a pasar un fin de semana a casa de Irene.

Os pais foron fundamentais no proceso, implicándose dende o primeiro momento, molestándose en traelas e levalas xa que non viven na vila e para quedar teñen que desprazarse.
Para min é un orgullo ser a súa profe, considérome privilexiada polo cariño que souben conquistar no seu enorme corazón. dende aquí non me queda mais que agradecer a tod@s a súa implicación: a Fernando, Lidia, Lucía, Iñaqui de 2º ESO A e B; a Raquel e Dina de 3º A.
Grazas ao orientador pola súa profesionalidade e xenerosidade, a dirección pola súa comprensión permitíndolle ir de excursión cando non lle correspondía, a Bea e Concha polo seu traballo de anos anteriores, a Pilar sempre inspiradora e cómplice nas miñas tolerías e sobre todo a Irene, Berta, Ainhoa e Laura pola súa dozura e paciencia; pola súa madurez, e compañeirismo, polo seu saber estar, por identificarse co diferente e por axudar a superar coa súa valentía os medos que no fondo todos levamos dentro.

Gracias a Aitana por esta lección. Non a esquecerei xamais.
Nun mundo que as veces costa entender, experiencias como esta danlle absolutamente sentido a miña vida.

Margarita
No hay comentarios:
Publicar un comentario