PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

VISITA Á CASA DA CULTURA

Feito por Carmen Cuntín (3º B de ESO)

A visita dos alumnos de 3º e 4º da ESO á Cidade da Cultura tivo lugar a tarde do 23 de febreiro na excursión de todo o día a Santiago de Compostela. Esta “cidade” denomínase así por estar composta por varios edificios e rúas entre eles, similar á estrutura da cidade de Santiago, e nela atópanse a biblioteca máis importante de Galicia, unha sala de exposicións, un auditorio... Esta gran edificación chegará a ser, unha vez rematada, o centro de toda a historia e cultura galega.

En primeiro lugar, en canto baixamos do autobús que nos achegou ata o monte Gaiás, onde se atopa a Cidade da Cultura, percorremos todos os enormes edificios que a compoñen e achegámonos ata unha sala onde se nos explicou de forma detallada como ía ser a Cidade unha vez rematada, de que salas estaría composta, en que se baseara o arquitecto, Peter Eisenman, para facelo desa forma e outros moitos datos acerca da súa construción e distribución.

Máis adiante, unha vez rematada esa parte da visita, fomos ata o edificio da biblioteca. Nela preténdese que nun curto periodo de tempo se atopen todas as grandes obras da literatura galega, que agora están distrubuídas por bibliotecas provinciais e municipais, alí reunidas. Desta forma pasaría a ser, sen dúbida ningunha, a máis importante de Galicia.

Unha vez visitada a biblioteca achegámonos á parte de exposicións, onde puidemos ver unha enorme exposición sobre toda a literatura galega e a historia da lingua, con importantísimas obras que marcaron unha etapa e dos máis importantes autores galegos. Unha interesante forma de dar unha volta a toda a nosa historia.

Sen dúbida, é un lugar onde todas as importantes obras que nos identifican se atopan reunidas, aínda que para poder velas ben haberá que esperar a que remate a construción da Cidade da Cultura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario