O pasado día catro de marzo, os alumnos de 2º Bacharelato tivemos o honor de recibir no noso instituto a Carlos Gende, colaborador no grupo “Dios ke te crew”, e falounos e demostrounos de que vai o beatbox. Para os que non saibades o que é o beatbox, tradúcese como unha forma de percusión oral que se basea na habilidade de producir os beats da batería, ritmos, sons,etc. A través dunha presentación no ordenador, foinos explicando a orixe e a maneira de facer beatbox. A medida que iamos avanzando, el facíanos demostracións e animábanos a participar con el facendo as cousas que nos ía mostrando. Descubrimos que facer sons coa boca xa se comezara a facer hai miles de anos coas tribos africanas, e debido a variantes deses sons, os primeiros beatboxers eran diferentes bandas afroamericanas que facían loitas “limpas” entre elas para gañar, ou ben o seu honor, ou simplemente para rifarse algunha pista de xogo. Ao principio acostumábase chamar a un beatboxer como o home orquestra, xa que facía politóns sen ningún acompañamento musical. Carlos tamén nos amosou un aparello bastante complexo no que se podía gravar a el mesmo facendo diferentes beats e despois reproducíndoos todos xuntos e así poder cantar cos seus mesmos sons.
E así de rápido remataron as dúas horas que puidemos estar con el; aínda que a nós non nos importaría pasar máis tempo porque todos quedamos con gañas de máis beatbox, ben sexa na internet ou en directo, pero sen dúbida foi unha das mellores e máis interesantes charlas que tivemos no instituto. Ao remate dábanos ganas de facer beatbox sen parar, pero como el mesmo nos dixo: “o beatbox non se consegue facer dun día para outro, senón con moita consistencia e esforzo”. Pero ó fin e ó cabo, que é o que non require un esforzo?

No hay comentarios:
Publicar un comentario