Para conmemorar o Día da Poesía, 21 de marzo, a biblioteca, durante a sesión do recreo, convidou ao alumnado a recitar a viva voz os seus versos favoritos.
Catro foron as linguas que tivemos o pracer de escoitar: galego, castelán, inglés e mesmo o alemán en boca dunha nativa coa tradución simultánea do bibliotecario e profesor de Filosofía.
Ademais do recital, dous alumnos de 2º da ESO, coa estimable axuda do noso sempre compañeiro Lamas (profesor de lingua recentemente xubilado), prepararon unha apaixonada declamación de dous clásicos galegos.
Á esquerda, Eva Davila de 1º B da ESO recitou “A Pontevedra” de X.M.Pintos e, á dereita María Lago de 1º A da ESO recitou “Manga por hombro” de J.Sabina
Ana Pérez Fernández de 2º B da ESO dramatizou “A xustiza pola man” de Rosalía e Roberto Jiménez García de 2º B da ESO dramatizou “Nouturno” de Curros Enríquez
Cyndi Scheffler deleitounos cunha creación lírica propia que foi acompañada da tradución simultánea do profesor Ramón Soler
Agardaremos polo vídeo para revivir o recital.
No hay comentarios:
Publicar un comentario