PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

VISITA Á TVG

Feito por Raquel Ricón Rodríguez (3º A de ESO)

O mércores 23 de febreiro @s alumn@s de 3º e 4º da ESO visitamos a Televisión de Galicia.

Ao chegar unha guía levounos a un plató que foi o último que se fixera, nel grávase Falámolo, Hai Debate... Alí comentounos que a TVG se fundou no ano 1985 e empezou como unha televisión americana. Os decorados dos platós pesan pouco xa que hai que andalos a quitar dun programa para outro. Para mover os focos móvenos por pértegas e as persoas téñenas que maquillar para que non lles reflicta a luz na cara. A guía comentounos que hai distintos tipos de cámaras: cabeza campante, autonómica, estericam, etc. Tamén nos explicou o ``Tali´´, que é unha luz vermella para que o presentador saiba a que cámara ten que ver.

Logo fomos ver o plató onde se gravan os informativos, o telexornal,… Os programas son en directo; para que os presentadores saiban o que teñen que decir, teñen un tipo de cámaras co guión e estas cámaras móvenas eles cuns pedais que hai ao lado de onde sentan. Aínda que os presentadores xa saben o que teñen que dicir antes de saír ao directo, isto só é unha pequena axuda. Se se vai a luz non pasa nada xa que teñen xeradores. A maioría da xente prefire que os programas sexan en directo xa que así se hai algún fallo séguese e punto; pola contra, se non é en directo, hai que andar a parar por todo e pode durar a gravación unhas 8 horas ou máis.

Xa para rematar, leváronnos a unha sala e apareceu Gayoso e quitamos fotos con el. E, por último, déronnos uns CDs do Xabarín Club.

No hay comentarios:

Publicar un comentario