PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Encontro con Luz Fernández García, psicanalista

Psicanálise e adolescencia


Xa coñeciamos a Luz polos comentarios que fixera no blog de filosofía, no post de Laura Álvarez e Ana Ferreira sobre A interpretación en psicoloxía. Agora tivémola aquí para charlar connosco sobre Psicanálise e adolescencia.
Luz é psicóloga e psicanalista, pero sobre todo insiste en que lembremos que é profe. Traballa facendo diagnóstico no Instituto de Psicomotricidade, en Vigo, e como profesora e orientadora no colexio Martín Códax. Ten moita experiencia clínica como psicanalista e é membro da Escola Lacaniana de Psicanálise. Recentemente publicou, en colaboración con outras/os autoras/es, o libro Adolescencias por venir.



Psicanálise e estruturas clínicas
A primeira parte da charla de Luz tratou sobre a estrutura da personalidade e o xeito en que se fai o diagnóstico. En psicanálise distínguense tres tipos fundamentais de personalidade: neurótica (histérica ou obsesiva), psicótica e perversa. Non falamos moito desta última: as persoas perversas non adoitan acudir á consulta salvo no caso de que a súa perversión lle cause problemas de relación social.
A psicose é o que se coñece coloquialmente como loucura, termo que a psicanálise utiliza con moito respecto: hai que ser moi intelixente e moi coherente para ser psicótica/o.
A neurose equivale a unha normalidade que, segundo Freud, non existe: todo o mundo ten síntomas (lapsus, esquecementos, mesmo os soños...) que revelan a represión e a angustia, pero só nalgúns casos se deben tratar como enfermidade, cando impiden a vida normal da persoa.



Os problemas do diagnóstico
Luz cóntanos a súa experiencia diagnosticando e tratando a rapazas/es de moitas idades, frecuentemente arredor da adolescencia. Inicialmente, a persoa ten que poñer en palabras o seu sufrimento pero para isto é imprescindible que se estableza un lazo persoal, a transferencia, que lle permite ter un punto de referencia fóra de si para analizar a súa situación.
Moitas veces hai unha interferencia causada pola imposición legal de utilizar un instrumento de diagnóstico, o manual DSM (actualmente vai pola 4ª edición e xa se está preparando a 5ª), útil para moitas/os profesionais, pero que ten un punto de vista incompatible co que ela busca: un tratamento integral da persoa, como ser humano completo, mentres o DSM só considera trastornos illados e, en consecuencia, todo é patolóxico, desde as perrenchas das/os nenas/os pequenas/os ata a tristura pola morte dun familiar. Ademáis, pola presión das multinacionais farmacéuticas, resulta que todos estes trastornos deben ser medicados e vemos así como se multiplican os casos de Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH), as fibromialxias e cantidade de diagnósticos que frecuentemente agochan o sufrimento e impiden a busca da solución.



O caso de Andrés
A segunda parte da charla é unha viñeta clínica, o caso de Andrés (o nome é suposto), con quen Luz traballou durante 4 anos, e que amosa a dificultade de distinguir entre unha neurose e unha psicose, debido en parte á lucidez coa que el mesmo expresa a súa propia situación (moi común na psicose) e en parte á medicación que toma desde hai anos e que enmascara todo o seu comportamento.
Co establecemento da transferencia Andrés comeza a sentir alivio dos seus síntomas e a falar deles, atopando as palabras e ideas que van debuxando a presión a que está sometido para que se adapte aos ideais das familias da súa nai e do seu pai.
A crise xorde cando ve que, para superar o seu illamento e a súa angustia, ten que descubrir os seus desexos profundos, tapados pola idea do deber, e establecer novas relacións e amizades con perigo para a súa situación escolar, cun expediente académico brillante.
O caso remata abruptamente cando a familia retira a Andrés da terapia e o manda a outra cidade. Léramos xa unhas palabras que pronuncia cara ao final do tratamento e que Luz puxera no seu comentario ao post no noso blog:


Primeiro, cando era pequeno deume tristeza. O rollo das pílulas marcoume. Pasas por varias fases. O Concerta produciume unha fixación nas obsesións. Non me podía revelar, ninguén me preguntaba.
Eu non quería ser especial, non quería ser superdotado, iso era ser diferente. Alguén desde fóra decidía que o foses.
As pílulas guiaban o meu día a día. Recordo cada psiquiatra, cada sala de espera. Os psiquiatras decidían en media hora o que ía ser de ti. Había desde fóra o desexo de que foses tal ou cal cousa e cada nova pílula íao conseguir.
Eu non sabía si era listo ou non, non sabía nada de min. O bo que tiña debíallo ás pílulas, o malo era o meu auténtico eu.

Preguntas
Hai moitas preguntas: Cal é o caso máis difícil que tiveches, se houbo algún caso que te afectara, etc.
Nas respostas Luz fai ver que todos os casos son un compromiso individual, en todos se vive e se sofre con cada persoa, e en todos hai un momento de crise e dificultade. Pero isto é a vida: hai que tomar decisións (e moito máis na adolescencia) e esas decisións son as que forman a nosa personalidade.





Algunhas ligazóns


Unha recensión do libro Adolescencias por venir, no que Luz colabora con outras/os autoras/es. Esta obra está na biblioteca do instituto.
Páxina web do Instituto de Psicomotricidade (Psicomotricidade, psicoterapia e atención temprana), na rúa Párroco José Otero, 5, Vigo.
Xornadas O outro neno: Encontros entre profesionais do mundo PSI en torno a temas como adolescencia, psicose, autismo, terapia, etc.

Encontro con Susana Muíños, activista de Amnistía Internacional

Muller e Dereitos Humanos - Amnistía Internacional

O luns 4 de marzo, dentro dos actos do 9 de marzo, Día Internacional da Muller, recibimos a visita de Susana Muíños, coa que tivemos unha charla os grupos de 2º ESO.
Susana é activista de Amnistía Internacional, unha Organización Non Gubernamental que defende os dereitos humanos en todo o mundo. Con ela aprendimos que moitas persoas viven ameazadas de perder a súa vida, a súa liberdade e a súa saúde, pero as mulleres de toda a Terra están dobremente ameazadas porque ademais do seu propio sufrimento ocúpanse do coidado dos demais e son branco dos abusos dos homes nas guerras e na violencia doméstica.



Que che suxire esta imaxe? A exposición de Susana está baseada na imaxe. A través de moitas diapositivas analizamos o xeito en que a sociedade nos fai ver ás mulleres, cambia a percepción que elas teñen de si mesmas e transmite valores sobre como é ou como debe ser unha muller.
Moitos destes valores e destas percepcións van en contra dos dereitos das mulleres xa que pretenden facerlles asumir traballos e renunciar a beneficios en favor dos varóns e, en xeral, de quen se enriquecen á súa costa.

Que é Amnistía Internacional? Susana cóntanos a historia de Amnistía Internacional. Naceu en Inglaterra para defender a uns estudantes portugueses que foran presos por brindaren pola liberdade.
Desde estón, Amnistía Internacional foi crecendo, participando en moitas campañas e incluso recibiu o Premio Nobel da Paz en 1978.
Moitas destas historias veñen contadas no cómic 50 anos de Amnistía Internacional, que levamos de recordo da visita de Susana.

Vídeos de Amnistía Internacional Finalizamos cun resumo desta historia en vídeo.
Unha característica do estilo de AI é o esforzo por divulgar os conceptos fundamentais sobre os dereitos humanos dun xeito asequible a todo o mundo, polo que leva publicado moitos video-clips, breves e sinxelos, pero moi claros e explicativos. Proxectamos dous máis, nos que se ve a importancia de asinar unha campaña ou de traballar organizadamente para que a túa voz poida ter moito poder. Podes velos picando nas imaxes:




RELATO DUN NENO SOLDADO, escrito polo alumnado de 1º ESO A


Viviamos nun pobo preto da selva, xogando no tobogán de madeira que tiñamos. No noso pobo había apenas dez, quince cousiñas.... Tiñamos un colexio, pero só ían os nenos con máis sorte, os que as súas familias tiñan máis cartos. No noso colexio había poucos profesores debido á escasez de nenos que podían ir. Tiñamos un carballo moi alto, o máis alto da selva, alí era onde enterrabamos aos defuntos.

Alí vivíamos cós nosos pais, irmáns e curmáns.

Eu era un neno feliz, tiña moitos amigos, pasaba o tempo coa miña familia, xogaba cos meus irmáns; é dicir, facía todo o que ten que facer un neno.

O día que cumprín sete anos era o mellor día da miña vida. Coma sempre saín a xogar cos meus mellores amigos. Non cría que me ía suceder todo isto que me ía cambiar a vida en cuestión de segundos. Todo o que aconteceu era tan raro, non cho podes imaxinar. Era....

Viñeron uns homes e metéronnos nunha camioneta. Alí xa había outros nenos e nenas. Leváronnos a unhas covas onde aprendéronnos a utilizar fusís, metralletas, pistolas. Polo día entrenabamos para matar e pola noite abusaban de nós. 
Ás veces obrigaban aos nenos a matar á súa propia família como sinal de que a guerra era o máis importante. A nosa vida era dura. Moitos nenos foron reclutados coma nós no Congo. Estabamos obrigados a ir a guerra, a matar. A vida dalgún de nós era sacrificada nos campos de minas.
A nosa única salvación era fuxir. Tiña que ser de noite e que ningún garda estivera vixiando. Algúns apañábanse para romper os barrotes, roubar as chaves ou facer un burato que che permitise saír da cela. O seguinte paso era correr e rezar para que non te atopasen. Intentar fuxir o máis rápido posible se non ..... fusílante, mátante, viólante, maltrátante e tortúrante.

Poucos conseguimos fuxir , pero para os que o fixemos foi como unha miragre.

Cando fomos liberados soubemos que en todo o mundo morrían máis de 1500 nenos ao día por este motivo.

Despois daquelo a vida non é doada. Estabamos sos, sen familia, case ninguén nos podáa ensinar o que non poidemos aprender mentres facíamos a guerra. Non sabíamos ralacionarnos normalmente coma os outros nenos, non sabíamos ler nin escribir..... tiñamos que empezar de novo.
Esas experiencias deixáronnos traumatizados de por vida.

Menores soldado - Acción twitter 2: Twitteando

Propósito de Ano Novo: Facer realidade o Tratado

Este ano podemos facer realidade o Tratado Internacional de Comercio de Arma (TCA) polo que Amnistía Internacional leva loitando desde 1993! Por iso, o noso Grupo da Rede de Escolas invitou a todas as persoas maiores de idade do Floriani a participar na Acción Twitter coa que AI trata de sensibilizar á opinión mundial. Queremos subir nos medidores de Twitter os hashtags:


#TratadoArmas - #ArmsTreaty

Esta acción vai parella co tema da Rede destes meses: deter o recrutamento de menores soldado.

Coñecer e actuar
A actividade tiña dúas partes: a visualización dunha documentación e o envío de tweets.
Para a primeira, comezamos vendo unha presentación en Prezi sobre o recrutamento de menores soldado, un vídeo no que un antigo neno soldado conta a súa historia e un resumo do que se pide que o tratado conteña.
Para a segunda parte pedimos autorización en dirección para utilizarmos os teléfonos móbiles e, acompañadas/os tamén por xente que non é do grupo, comezamos a mandar tweets a patir das 11:45, hora na que todos os centros da Rede de Galiza nos puxéramos de acordo en concentrar os envíos, buscando unha incidencia maior nos medidores.



Unha mensaxe simpática: a lista de propósitos de ano novo, que inclúe FACER REALIDADE O TRATADO!!! 



As/os profes tamén twittean: A Ramón houbo que ensinarlle a escribir o hashtag, pero Bea e Lorenzo están en Twitter como peixe na auga.



O tratado
Na web de Amnistía Internacional hai unha documentación completa sobre o TCA. Resumímola nos seguintes conceptos:
O TCA debe ser vinculante para todos os estados do mundo.
Debe haber investigacións e información pública do destino de todas as armas, municións, explosivos, etc. que se vendan no mundo.
As armas nunca deben ser utilizadas contra a poboación civil nin para violacións dos Dereitos Humanos.
REGRA DE OURO: Que non se entreguen armas cando se aprecie perigo de que se poidan violar os termos do TCA.


Algunhas ligazóns


Menores soldado: Acción Twitter 1: Anuncio

Tuitea a túa opinión, o 28 de Febreiro na aula 24.

O recrutamento de nenas e nenos soldado é un grave problema engadido ás guerras, os maltratos e todas as violacións dos dereitos humanos.

O grupo do IES Pedro Floriani vai participar nunha Acción Twitter coordinada co resto dos centros da Rede de Escolasde Amnistía Internacional, tratando de subir nas listaxes de tópicos os seguintes hashtags:


#TratadoArmas - #ArmsTreaty
Para conseguir unha incidencia maior, todos os centros concentrarán o envío de mensaxes entre as 11:45 e as 12:15 do día 28 de febrero, así que invitámoste a que veñas á aula 24 e colabores.

Tamén poderás ver información sobre menores soldado:



PREZI: Menores soldado e Dereitos Humanos


VIDEO CLIP: Historia dun neno soldado


MAPA: Menores soldado no mundo


PÁXINA WEB da Rede de Escolas de Amnistía Internacional


Club LAURIÓN: "Las cosas que no nos dijimos"


Conoceremos a uno de los más mediáticos escritores de la vecina Francia el lunes 11 de marzo, ya que para esta sesión hemos escogido Las cosas que no nos dijimos, de Marc Levy.


            Cuatro días antes de su boda, Julia recibe una llamada del secretario personal de Anthony Walsh. Walsh es un brillante hombre de negocios, pero siempre ha sido para Julia un padre ausente, y ahora llevan más de un año sin verse. Como Julia imaginaba, no podrá asistir a la boda. Pero esta vez tiene una excusa incontestable: ha muerto.
            Al día siguiente del entierro, Julia recibe un extraño paquete y descubre que su padre le ha reservado una última sorpresa, la más extraña y rocambolesca que se pueda imaginar. Gracias a ella, Julia se embarcará en el viaje más extraordinario de su vida. Un viaje que le llevará a descubrir un pasado inesperado y le permitirá conocer a ese hombre que fue su padre, con el que quedaron tantas cosas por decir.

Club HEDWIG: "Prohibido tener catorce años"

      El próximo encuentro del club será el lunes 4 de marzo. Comentaremos una novela que nos toca muy de cerca, Prohibido tener catorce años, escrita conjuntamente por dos autores R. Santiago y J. Olmo. ¡Os va a gustar!


                        Iván, el protagonista de esta novela, tiene un problema: acaba de cumplir catorce años. Aunque no lo parezca, puede ser un problema bastante grande. Cuando tienes catorce años, a veces las cosas se tuercen un poco.
                   Un día Iván se encuentra a la novia de su mejor amigo besando a otro. Luego las cosas se tuercen un poco más y también se encuentra a la chica de sus sueños besando a otro. Cuando uno tiene catorce años, parece que las chicas solamente besan a los otros.
 


MONICA DE NUIT: VOICE PERFORMANCE

    O alumnado de 1º Bacharelato tivo a sorte de disfrutar dunha performance da artista Mónica de Nuit sobre as posibilidades expresivas da voz. Todos e todas quedamos impresionados coa súa actuación. Grazas Mónica.