Viviamos nun pobo preto da selva, xogando no tobogán de madeira que tiñamos. No noso pobo había apenas dez, quince cousiñas.... Tiñamos un colexio, pero só ían os nenos con máis sorte, os que as súas familias tiñan máis cartos. No noso colexio había poucos profesores debido á escasez de nenos que podían ir. Tiñamos un carballo moi alto, o máis alto da selva, alí era onde enterrabamos aos defuntos.
Alí vivíamos cós nosos pais, irmáns e curmáns.
Eu era un neno feliz, tiña moitos amigos, pasaba o
tempo coa miña familia, xogaba cos meus irmáns; é dicir, facía todo o que ten
que facer un neno.
O día que cumprín sete anos era o mellor día da miña
vida. Coma sempre saín a xogar cos meus mellores amigos. Non cría que me ía
suceder todo isto que me ía cambiar a vida en cuestión de segundos. Todo o que
aconteceu era tan raro, non cho podes imaxinar. Era....
Viñeron uns homes e metéronnos nunha camioneta. Alí xa
había outros nenos e nenas. Leváronnos a unhas covas onde aprendéronnos a
utilizar fusís, metralletas, pistolas. Polo día entrenabamos para matar e pola
noite abusaban de nós.
Ás veces obrigaban aos nenos a matar á súa propia
família como sinal de que a guerra era o máis importante. A nosa vida era dura.
Moitos nenos foron reclutados coma nós no Congo. Estabamos obrigados a ir a guerra, a matar. A
vida dalgún de nós era sacrificada nos campos de minas.
A nosa única salvación era fuxir. Tiña que ser de
noite e que ningún garda estivera vixiando. Algúns apañábanse para romper os
barrotes, roubar as chaves ou facer un burato que che permitise saír da cela. O
seguinte paso era correr e rezar para que non te atopasen. Intentar fuxir o
máis rápido posible se non ..... fusílante, mátante, viólante, maltrátante e
tortúrante.
Poucos conseguimos fuxir , pero para os que o fixemos
foi como unha miragre.
Cando fomos liberados soubemos que en todo o mundo
morrían máis de 1500 nenos ao día por este motivo.
Despois daquelo a vida non é doada. Estabamos sos, sen
familia, case ninguén nos podáa ensinar o que non poidemos aprender mentres
facíamos a guerra. Non sabíamos ralacionarnos normalmente coma os outros nenos,
non sabíamos ler nin escribir..... tiñamos que empezar de novo.
Esas experiencias deixáronnos traumatizados de por
vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario