Muller e
Dereitos Humanos - Amnistía Internacional
O luns 4 de
marzo, dentro dos actos do 9 de marzo, Día Internacional da
Muller, recibimos a visita de Susana
Muíños, coa que tivemos unha charla os
grupos de 2º ESO.
Susana é activista de Amnistía
Internacional, unha Organización Non
Gubernamental que defende os dereitos humanos
en todo o mundo. Con ela aprendimos que moitas persoas viven
ameazadas de perder a súa vida, a súa liberdade e a súa saúde,
pero as mulleres de toda a Terra están dobremente ameazadas porque
ademais do seu propio sufrimento ocúpanse do coidado dos demais e
son branco dos abusos dos homes nas guerras e na violencia doméstica.
Que che suxire esta imaxe?
A exposición de Susana está baseada
na imaxe. A través de moitas diapositivas analizamos o xeito en que
a sociedade nos fai ver ás mulleres, cambia a percepción que elas
teñen de si mesmas e transmite valores sobre como é ou como debe
ser unha muller.
Moitos destes valores e destas percepcións van en contra dos dereitos das mulleres xa que pretenden facerlles asumir traballos e renunciar a beneficios en favor dos varóns e, en xeral, de quen se enriquecen á súa costa.
Que é Amnistía Internacional? Susana cóntanos a historia de Amnistía Internacional. Naceu en Inglaterra para defender a uns estudantes portugueses que foran presos por brindaren pola liberdade.
Desde estón, Amnistía Internacional foi crecendo, participando en moitas campañas e incluso recibiu o Premio Nobel da Paz en 1978.
Moitas destas historias veñen contadas no cómic 50 anos de Amnistía Internacional, que levamos de recordo da visita de Susana.
Vídeos de Amnistía Internacional Finalizamos cun resumo desta historia en vídeo.
Unha característica do estilo de AI é o esforzo por divulgar os conceptos fundamentais sobre os dereitos humanos dun xeito asequible a todo o mundo, polo que leva publicado moitos video-clips, breves e sinxelos, pero moi claros e explicativos. Proxectamos dous máis, nos que se ve a importancia de asinar unha campaña ou de traballar organizadamente para que a túa voz poida ter moito poder. Podes velos picando nas imaxes:

No hay comentarios:
Publicar un comentario