PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Permacultura

Carlos Soutullo, capataz agrícola de amplia experiencia no ámbito da agricultura ecolóxica, deunos unha charla sobre a utilización dos recursos naturais dun xeito respetuoso co medio ambiente.
Empezou falando de que os métodos de cultivo actuais erosionan o terreo e cando un ecosistema atópase degradado entra en competencia. Isto contraponse a un ecosistema en equilibrio no que reina a colaboración entre as especies.
Cada estación produce o que a terra precisa por exemplo en verán: nitróxeno, en outono potasio e fósforo.


A natureza busca a diversidade para que haxa máis resistencia aos axentes externos. Por exemplo a xente ten o costume de cortar as raíces das plantas pero unha terra rica en raíces crea a rizoesfera que xoga un papel fundamental para manter a humidade do terreo.
Igualmente, é mellor deixar as follas no chan porque crean un acolchado que se descompón na superficie e serve de abono para a seguinte estación. Deste xeito, o chan faise autónomo e crease unha sinerxia ou “cooperación no traballo”.
Baseándose neste método colaborativo podemos organizar a nosa horta plantando pementos, coas leitugas e estas coas espinacas de Nova Zelanda xa que son especies cooperantes.


Contounos sobre os diferentes métodos reprodutivos das plantas e de cómo está a recuperar plantas que cultivaban as nosas avoas e que agora por non ser comerciais están a desaparecer como o allo silvestre que os nosos ancestros o utilizaban como funxicida e antibiótico. Incluso tivemos ocasión de probar o doce que sabía a salvia.


Outras plantas que nos presentou foron a: orella de burro que serve para depurar o fígado, a planta de Goethe que serve para tratar a esquizofrenia, a planta topera que espanta aos ratóns, a capuchina para tratar aos pulgóns, o tanaceto ou herba lombrigueira de potente efecto fungicida e insecticida, a verrucaria ou planta da golondrina que trata os orzuelos e as cataratas, o rudo cuxos froitos dulces son comestibles e agora atópase en extinción.

Por último, fomos a horta e in situ explicounos como organizar os cultivos dentro do espazo que tiñamos dispoñible.


Foi un verdadeiro pracer escoitalo e que compartira con nós tanta sabiduría.
GRAZAS




No hay comentarios:

Publicar un comentario