Neste caso organizáronse tres sesións: dúas para o alumnado de 1º ESO e unha para o alumnado de FP Básica.
Sempre tentamos adaptar as nosas formacións ao tema do proxecto da nosa B.E. neste caso : PLANETA VERDE. Para elo, inventamos un pequeno xogo de preguntas e respostas sobre os sete ecosistemas do noso planeta, só que o alumnado tiña que tirar uns dados coas fotos dos ecosistemas e buscar as preguntas correspondentes agochadas nos fondos da nosa biblioteca.
Para facelo un pouquiño máis doado facilitábamos ou nome do autor ou título do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario