Para o acto preparáronse exposicións sobre o número de vítimas na nosa Comunidade Autónoma:
O feminicidio en Galicia: 54 mulleres asesinadas de 2010 a 2017 O 61,11% dos casos coñecidos en Galicia son feminicidios íntimos (no marco da parella ou exparella)Pontevedra é a provincia galega con a tasa de prevalencia máis alta en 2015 e a terceira máis alta do Estado ese ano.As tres mulleres que presentaron denuncia e conseguiron medidas de proteción foron asesinadas durante o quebrantamento destas medidas.
Asi mesmo, nos taboleiros mostrouse información sobre como identificar os indicios da violencia na linguaxe, actitudes e nas redes sociais.
Os peldaños con consellos "Si a túa parella..." para informar dos comportamentos que conlevan actitudes sexistas que podan desenvolverse en violencia psicolóxica.
Repartíronse lazos que elaboramos grazas a colaboración do voluntariado da biblioteca.
O alumnado participou na lectura do discurso de Emma Watson ante a Asamblea das Nacións Unidas.
Ademáis todo o centro ( alumnado, profes e PPNN) participou na elaboración dun video (en galego, e inglés) baseado nun poema de Itziar Pascual titulado ¿ Por qué? que en breve penduraemos no blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario