Durante o curso 2015-16 a biblioteca do centro en colaboración coa biblioteca do concello realizou unha actividade na que participaron as seguintes alumnas:
Irene, Berta, Aitana, Laura e Ainhoa; compañeiras de 3º ESO A/B.
O grupo de traballo iniciouse no 2º trimestre, con reunións periódicas na biblioteca os luns no recreo coa finalidade de axudar á integración de Aitana no grupo, alumna que dende 1º da ESO presentaba necesidades educativas especiais.
Nestas reunións preparamos o material para traballar,seguidamente os venres pola tarde reuníamos na biblioteca do concello.
O tema a tratar foi:
A dinastía borbónica: nacemento da monarquía absoluta
O reinado de Luis XIII
O reinado de Luis XIV
a partir de dúas películas:“Os tres mosqueteiros”“O home da máscara de ferro”
Tamén traballamos a figura de Alexandre Dumas autor das novelas nas que se basean as películas
Finalmente o proxecto remata cunha presentación en power point:
Ao final da proxección o que o grupo de traballo e Aitana recibiron os diplomas a solidaridade e a superación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario