Día da Biblioteca - Exposición e Concurso

O 24 de outubro, Día da Biblioteca, foi unha data moi especial no IES Pedro Floriani. O equipo de voluntariado da Bibliofloriani axudara a facer unha exposición que inauguramos ese día. Como o proxecto deste ano é “Unha viaxe polo mundo”, decidimos facer un recorrido polas bibliotecas e librerías máis fermosas do mundo. O fixemos de modo antigo (fotos en murais) e ao moderno (fotos dixitais). Aquí podedes ver algunhas delas:

EXPOSICIÓN (MURAIS)



EXPOSICIÓN (PROXECCIÓN)



EXPOSICIÓN (PRESENTACIÓN MULTIMEDIA)


Tamén aproveitamos para xogar entre nós a través dun concurso. Puxemos catro fotos e o alumnado tiña que adiviñar o nome e o lugar das bibliotecas ou librerías. Se ben tiveron unha pequena axuda, posto que saían nas fotos dixitais…


CONCURSO


O gañador foi Alexandre Veiga Couñago (4º ESO A) quen conseguiu dous mangas e un cadernillo de Bibliotecas Escolares para si e o visionado dunha película para todo o seu grupo. Comezamos deste xeito o noso “Cine Fórum”, educando en valores coa película Persiguiendo Mavericks.









No hay comentarios:

Publicar un comentario