SAN VALENTÍN


O alumnado pertencente ao voluntariado de biblioteca é o verdadeiro protagonista da actividade que tivo lugar co gallo do Día dos namorados: os cadeados do amor.
O cadeado orixinal foi deseñado maxistralmente por Denise (4º ESO), despois fixemos fotocopias sobre papeis de cores e, finalmente, ao longo de case un mes recortamos nos recreos os cadeados do amor.
Na entrada do centro puxemos a cadea que simbolizaba os arcos das pontes e nela colgamos os cadeados co nome da nosa parella de ficción preferida. Houbo quen puxo foto e todo! Foi un éxito absoluto!
Nin que dicir ten que o primeiro cadeado en esgotarse foi o de cor vermello.



No hay comentarios:

Publicar un comentario