DOCUMENTAL "SUPER SIZE ME"




          Como parte da programación da materia Proxecto Interdisciplinar e, neste caso, conxuntamente co Proxecto da Biblioteca, o martes 20 de Xaneiro proxectóuse o documental  “ Super size me” no salón de actos. A citada producción  analiza os efectos que, sobre a poboación de EE.UU, ten a chamada “ comida rápida” ten sobre o organismo cando se toma de maneira
continuada.

Nesta actividade participaron os alumnos participantes foron os dous grupos de 1º da ESO. Na seguinte sesión pasóuselles unha enquisa sobre o seu parecer sobre diferentes aspectos da proxección.

Posto que, a maioría non a viran anteriormente, chamoulles moito a atención, sobre todo polos graos esaxerados de obesidade que se mostran na película e as consecuencias que pode desencadear unha mala alimentación. En xeral afirman que a situación é moito menos grave en España, son conscientes dos perigos de este tipo de alimentación e coñecen cales son os factores que inflúen na  epidemia de obesidade e sobrepeso.


Momentos durante a proxección do documental






No hay comentarios:

Publicar un comentario