PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

LITERATURA EN CASTELLANO, UN VIAJE POR EL MUNDO


El Departamento de Lengua Castellana y Literatura ha recopilado libros de distinta procedencia para confeccionar su exposición

Literatura en castellano
Un viaje por el mundo

La primera selección se ha establecido entre los libros escritos originalmente en castellano (México, Perú, Colombia, Argentina…) y los que son traducciones (Estados Unidos, Turquía, Francia, Italia, Polonia, Japón, China…).

Se colabora con el Proyecto de biblioteca de este año, Unha viaxe polo mundo, a la vez que se acercan los fondos de una manera lúdica a los usuarios. Más de treinta países tienen su espacio en esta muestra, lo que viene a constatar la riqueza e importancia de la literatura en castellano a lo largo de la geografía mundial.








DOCUMENTAL "SUPER SIZE ME"




          Como parte da programación da materia Proxecto Interdisciplinar e, neste caso, conxuntamente co Proxecto da Biblioteca, o martes 20 de Xaneiro proxectóuse o documental  “ Super size me” no salón de actos. A citada producción  analiza os efectos que, sobre a poboación de EE.UU, ten a chamada “ comida rápida” ten sobre o organismo cando se toma de maneira
continuada.

Nesta actividade participaron os alumnos participantes foron os dous grupos de 1º da ESO. Na seguinte sesión pasóuselles unha enquisa sobre o seu parecer sobre diferentes aspectos da proxección.

Posto que, a maioría non a viran anteriormente, chamoulles moito a atención, sobre todo polos graos esaxerados de obesidade que se mostran na película e as consecuencias que pode desencadear unha mala alimentación. En xeral afirman que a situación é moito menos grave en España, son conscientes dos perigos de este tipo de alimentación e coñecen cales son os factores que inflúen na  epidemia de obesidade e sobrepeso.


Momentos durante a proxección do documental






SAN VALENTÍN


O alumnado pertencente ao voluntariado de biblioteca é o verdadeiro protagonista da actividade que tivo lugar co gallo do Día dos namorados: os cadeados do amor.
O cadeado orixinal foi deseñado maxistralmente por Denise (4º ESO), despois fixemos fotocopias sobre papeis de cores e, finalmente, ao longo de case un mes recortamos nos recreos os cadeados do amor.
Na entrada do centro puxemos a cadea que simbolizaba os arcos das pontes e nela colgamos os cadeados co nome da nosa parella de ficción preferida. Houbo quen puxo foto e todo! Foi un éxito absoluto!
Nin que dicir ten que o primeiro cadeado en esgotarse foi o de cor vermello.



CONFERENCIA DE MARÍA SEIS DEDOS

CONFERENCIA DE MARÍA SEIS DEDOS A premio Nacional de Tradución do 2014 viu a darnos unha charla sobre a súa longa traxectoria como traductora de textos literarios.


Primeiro, falounos dos seus comenzos como traductora de dobraxe. A súa tradución de Shin Chan foi un dos seus traballos máis coñecidos, pero traduzo innumerables series de animación infantil.


Logo, contornos a súa “odisea” coa tradución ao galego do Ulises de Joyce. Traballo que levou a cabo durante un período intensísimo de dez meses continuados con sesións de 10 horas diarias todos os días fins de semana incluidos.

Grazas a súa experiencia tivemos unha testemuña de primeira man sobre o apaixionante mundo da tradución.

Maleta de cómics - Colaboración co CEFORE de Vigo


 

O noso centro participou nunha actividade implementada polo CEFORE de Vigo para o fomento da lectura de cómics.



O alumnado de 1º ESO A e B poideron disfrutar de unha pequena introducción sobre a linguaxe gráfica do cómic:

así como recoñecer a orixe dos superhéroes das súas pelis preferidas:











Falamos do cómic en galego mencionando por suposto a Pepe Carreiro, Miguelanxo Prado e Jacobo Fernández Serrano así como dos clásicos do cómic internacional e das novas novelas gráficas.




A maleta deunos moito xogo en 4º PDC. Aproveitamos a “Hora de ler” para disfrutar dos cómics e, como non nos chegou a nada, inda os rapiñamos outro día. Unha delicia!