O pasado día 4 de novembro tivemos o gusto de compartir a experiencia de Jéssica Míguez Lago, cabo 1ª da Brilat de Figueirido. Dentro do programa de charlas de Xénero organizado pola B.E. do IES.
Esta muller de 27 anos leva nove na carreira militar e veunos comentar en que consiste o seu traballo diario: estudo, exercicio físico.
..
Resultou moi interesante o que nos contou sobre a súa participación na campaña militar en Afganistán. O papel da muller nesa sociedade tan diferente á nosa e os traballos que realizaban alí como militares (formación dunha policía).
Tamén nos falou do papel da muller noutros exércitos do mundo, concretamente nos Estados Unidos, pois na súa estancia en Afganistán puído observar como eran tratadas as mulleres polos compañeiros dese país.
Jéssica mostrounos que o afán de superación é para ela un importante valor, así como que haxa unha igualdade efectiva entre homes e mulleres no exército.
No hay comentarios:
Publicar un comentario