PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Día da Biblioteca 2013

O día da biblioteca celebrouse o día 25 de outubro, en lugar do 24, por mor da folga do ensino.

1. Lectura na radio

O noso centro colaborou coa campaña de lectura na radio, iniciativa da Biblioteca Municipal de Redondela, lendo varios textos na emisora local. Pica nos títulos para escoitar as lecturas de Pilar e Ramón.


Emilio Uberuaga
Caballero Bonald
Alan Bennett
 

2. Proxección da película La estrella alcanzar
En coordinación con todas as bibliotecas escolares de Redondela, proxectouse no recreo a curtametraxe chilena La estrella alcanzar. Podedes vela en Youtube...

Tomamos desta páxina a seguinte reseña:
"La Estrella Alcanzar" é unha curtametraxe educativa do realizador Cristián Galaz, que tivo un soado éxito ao ser emitida en diversas aulas escolares do país. Esta película está inspirada nunha historia real. Chepita acolleu a Anxo na súa casa e hoxe, el é un mozo que estuda como bolseiro nunha universidade. Ensinarlle a un neno a apreciar a lectura cambiaralle a vida para sempre. De nós depende que eles o logren.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario