PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

1ª SESIÓN: LA EDAD DEL PAVO

ACTIVIDADE 1 . “La edad del pavo”. Alejandra Vallejo-Nájera. Ediciones temas de hoy.

Os integrantes do club fixemos unha lectura previa dos capítulos un , dous e tres do libro. Para o que cada integrante levou o material para a súa casa tres semanas antes.

Realizamos unha posta en común principiando polos aspectos que máis nos chamaron atención do texto, entre eles o estilo directo e non sen falta de gracia, as fases da adolescencia, informacións que rachan certos prexuízos,etc.

Entre eles, foron debatidos de xeito intenso:

. Adolescencia non é sinónimo de salvaxe

. O grupo de amigos non ten porque ser prexudicial

. Aínda que pareza o contrario os pais e as nais inflúen nos adolescente, sendo fundamentais como guías

. Os adolescentes necesitan poucas regras pero moi claras, teñen por outra banda moita necesidade de xustiza

. Qué pautas temos de seguir para establecer normas, unha alternativa a autoridade a comunicación e a negociación

. Etapas de desenvolvemento do adolescente

O miolo da charlas xirou o redor das dificultades de comunicación entre o mundo adulto e o dos adolescentes e das pautas necesarias para unha boa comunicación. Fixemos fincapé na interesante pasaxe que trata da arte de escoitar, clave para unha axeitada conversa con quen queira que sexa.

O estilo de libro cheo de diálogos permitiunos tamén ler en voz alta algúns diálogos que aportaron diversión e axilidade a esta posta en común, poñemos un exemplo bastante suxestivo:

- Qué tal Lucía? Qué fas?

- Vexo o concurso da tele, papá

- A ver? Ummmmmm.... Qué parvada! Qué perda de tempo!....

- A mín. gústame papá . Atópoo divertido

- Non me estraña miña filla. A túa idade a min tamén me divertía pérdelo tempo en parvadas. So despois comprendín que na vida paga a pena ser un pouco máis selectivo e culto.

-Queres que o cambie papá?

- Si, miña filla, quítao. Toma este libro , verás como te divirtes mais. Lee un pouco filliña. Xa verás.

- Gracias papá. Si non fose por ti, só vería cousas para chouchos.

Como di a autora esta conversa é un soño que xamais se producirá. Sería algo moi ideal esta apertura a reflexión con tan poucas resistencias. Na vida cotiá as conversas entre pais/nais e fillos/as nútrense de mandatos, advertencias, interese polas actividades e sentimentos dos outros, críticas, consellos, etc.

É moi normal que nunha conversa con adecuado diálogo haxa puntos de non acordo e alí e onde é máis necesaria unha postura de aceptación para o cal é preciso cumprir unha sería de regras para que este flúa e se converta nunha ferramenta para a comprensión entre os seres humanos. Para o cal precisamos ter en conta que cando iniciamos un dialogo non sempre temos razón, temos a obriga de rectificar e asumir aquelas cousas que razoablemente o interlocutor nos fai ver. Rectificar ou pedir perdón non nos fai inferiores senón que moitas veces o outro empeza a respectarnos máis xa que amosamos responsabilidade por nos mesmos.

E nesta tónica continuamos a falar durante dúas horas. Dúas horas de animada conversa chea de intervención e suxestións . Animamos a todos/as a ler o libro na súa totalidade, vale a pena!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario