Na clase de filosofía aprendemos a buscar información en internet sobre os libros de lectura da materia e atopalos nos andeis. Para isto tivemos que aprender antes algúns conceptos sobre a distribución da biblioteca e as normas, a Clasificación Decimal Universal e o blog de filosofía.
Ao principio estivemos familiarizándonos cos espazos: os andeis de libro científico, os de literatura xuvenil, os de idiomas, o de películas, o de cómics..., o recanto dos ordenadores, o de lectura informal... Adrían foi o primeiro en usar as butacas deste último recanto.Xunto aos andeis dos cómics, á entrada, está o cartel da CDU. Folleamos un pouco os libros dos nosos personaxes favoritos e buscamos algúns dos códigos máis frecuentes.
Agora toca baixar o arquivo de ACCESS coa información dos libros de filosofía que podemos ler este ano. Pablo amósanos como facelo na pantalla e as/os demais dicímoslle que obras que nos poidan gustar: por título, por autor, por tema...
E a continuación buscamos en Opac Meiga e, mediante o Localizador, atopamos o libro ou película no andel correspondente.
Ao final utilizamos o programa de autopréstamo para levar as nosas preferencias, como nos ensinaron nos recreos, ou tamén para devolvelas ou renovalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario