PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
HOMENAXE A SESÉ
Dende a biblioteca do IES Pedro Floriani queremos facer este sinceiro homenaxe a Sesé Mateo e a seu fillo Joshua pola súa labor en aras da igualdade. Grazas ós dous polas súas inspiradoras palabras.
NOVIDADES NA HORA DE LER ✨
O que máis nos gusta na biblio do Floriani é que o noso alumnado veña á biblioteca e desfrute tocando, collendo e manipulando os libros que temos para eles. E iso era o que facíamos sempre antes de empezar a Hora de Ler: traer o alumnado á biblioteca para que elixira o que lle apetecía ler nese tempo. Desgraciadamente este curso as circunstancias non nos permiten facelo, polo que tivemos que artellar un novo sistema, que implementamos durante esta primeira avaliación, para achegar os libros ao alumnado
1. O primeiro foi elaborar dous padlets, un dirixido a 1º e 2º ESO e outro para 3º, 4º e FPB con suxestións en forma de fotos de moitos dos libros que hai na biblio. 1º e 2º ESO 3º, 4º e FPB
2. O alumnado debía cubrir un cuestionario online elixindo tres títulos por orde de preferencia dos que aparecían no padlet ou doutros libros que eles soubesen que estaban na biblio. Ademais, había un apartado para solicitar outros libros que lles apetecese ler. Se os tiñamos na biblio, reservábamolos para eles e, se non, gardábamos esas propostas como suxestións para futuras adquisicións de fondos.
3. Finalmente, o equipo de biblioteca clasificou e encheu, cos libros solicitados, unha caixa de lectura para cada grupo. Cando chegou o día da primeira sesión da Hora de Ler, e para respectar todos os protocolo covid, o profesorado foi pasando pola biblioteca para levar as caixas ao seu destino.
4. Durante as seis semanas que durou a Hora de Ler, o alumnado tiña a posibilidade de cambiar o libro que estaba lendo. Para iso debía escribir un correo electrónico á biblioteca ou cubrir de novo o cuestionario para solicitar outro libro. O equipo da biblioteca encargábase de metelo na súa caixa para que o tivese disponible na seguinte sesión de lectura.
Este sistema supuxo un traballo minucioso para o equipo da bibliteca, pero tamén a satisfacción de promover o gusto pola lectura.
VOLVORETAS 25 N
Por iniciativa do Concello de Redondela este ano todos os IES da nosa contorna participamos nunha acción conxunta para celebrar o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero: a elaboración de centos de bolboretas para a súa posterior exposición no multiusos.
Aquí está o proceso de creación:
e a visita á exposición por parte dos artistas de 4º ESO
PREMIOS CORTOS DE TERROR SAMAIN
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!
SAMAIN 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ADULTOS E ESA
LER FAITE MÁIS......LIBRE.
PROTOCOLO COVID BIBLIOTECA
Estas son as novas normas para o uso da biblioteca.
O aforo máximo será de 20 persoas. Non te esquezas de pedir cita previa.
CITA PREVIA
FORMULARIO CITA PREVIA
HORA DE LER 20-21
HORA DE LER 20-21
NORMAS SOBRE O PRÉSTAMO DE LIBROS PARA
A HORA DE LER
LECTURAS EN PDF PARA TODOS
BENVIDOS E BENVIDAS A UN, A LO MENOS, DESAFIANTE CURSO.
FELIZ DÍA DO LIBRO
GALICIA LE
https://www.galiciale.gal
PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA
COLCHA SOLIDARIA
Xa publicamos o making off da nosa colcha solidaria contra a violencia de xénero que non puidemos rematar en novembro pero que si penduramos custo antes do confinamento. Por iniciativa da profe Olga Lalín e a biblioteca TODOS os cursos participaron na elaboración dela e estamos orgullosos de vola presentar.
Ademais a nosa alumna de 2º FP Administrativo, Andrea Castro Cameselle deleitounos coa lectura do seu texto 52 cicatrices radicado a todas as víctimas de violencia machista.
E o noso alumnado de música de 4º ESO A e B cantounos o seu RAP contra a violencia de xénero. 💪
GRAZAS
PREMIOS ÁO AMOR
PRIX A L'AMOUR 🙌 💖💖💖💗
1ER CONCOURS D' IMAGES D'AMOUR IES PEDRO FLORIANI
LECTURAS NA BIBLIO
NEIL GAYMAN é un mago das literatura fantástica e.....
CORALINE é unha das suas excelentes historias.
OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ROBÓTICA
O principal obxetivo era o fomento dos estudos científico-tecnolóxicos entre as alumnas do centro.
Estivemos tan entretidas que esquecemos facer mais fotos..............
CHARLA TELECO
O profesor da Escola da Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo, Antonio Pena axudounos a ver a enxeñería como unha carreira social que busca solucionar os problemas da xente. Ademáis, a enxeñería da telecomunicacón vai a estar presente nas novas tecnoloxías de aquí ao 2025 (internet of things, advanced robotics, AI, cloud technology..)
https://www.pluralsight.com/blog/career/tech-in-2025.
Aquí poderes obter moita mais información sobre os estudos elaborada polo mesmo profesor.
https://www.calameo.com/accounts/6244065
AMERICAN CIVIL RIGHTS
AMERICAN CIVIL RIGHTS MOVEMENT
O alumnado de 1º BAC Tecnolóxico estivo elaborando un mural sobre o movemento dos dereitos civis en América.Aquí tendes fotos do making-off e do resultado final. O traballou serveunos de reflexión sobre o traballo en grupo e cales son os puntos nos que temos que mellorar e nos que somos moi efectivos.
Charla EME
CHARLA ESCOLA DE MINAS E ENERXÍA
O pasado xoves 6 de febreiro a directora da Escola de Minas e Enxeñería de Vigo, Elena Alonso Prieto explicounos en qué consisten os estudos de minas e enerxía . Ao mesmo tempo desmantelou moitos estereotipos que temos sobre os enxeñeiros desta especialidade (eles son os especialistas na extracción e fabricación de case todos os materiais que utilizamos no noso día a día así como os encargados da producción da enerxía de xeito sostible).Animou as rapazas para que sigan este tipo de estudos e informounos que a ratio de estudiantes mulleres é dun 31% seis puntos porcentuales por riba da media europea.
Na power point podedes obter máis información sobre os estudos é no anexo tendes información sobre as mulleres pioneiras no mundo da enxeñería.