Relacionado coa celebración na Universidade de Vigo de Elas fan Ciencia 2020 e grazas á aportación económica da Xunta no Plan de Igualdade 2019 o mércores 5 de febreiro fixemos un obradoiro de iniciación á programación de Robots para as alumnas de 3ºESO.
O principal obxetivo era o fomento dos estudos científico-tecnolóxicos entre as alumnas do centro.
Traballaron en grupos de 2-3 alumnas, pasamos unhas horas moi entretidas e conseguimos controlar os robots coas teclas do ordenador e programar un sinxelo segueliñas utilizando o sensor de IR. As alumnas perderon o medo ao mundo da programación e a robótica e a profe de Tecnoloxía quedou encantada.
Estivemos tan entretidas que esquecemos facer mais fotos..............
Estivemos tan entretidas que esquecemos facer mais fotos..............
.....Grazas a todas polo interés e a atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario