EXPERIENCIAS DE VIDA QUE NOS CAMBIAN...
As historias inspiradoras foi unha nova aposta da biblioteca por dar voz a mulleres cercanas a nós que viviron circumstancias adversas e souberon superalas. As ensinanzas que nos aportaron a súa presencia e as súas charlas foron dunha gran emotividade e aprendizaxe de vida.
1ª CHARLA : MARTHA KATERINA IGLESIAS
Katerina foi alumna do noso centro fai 16 anos pero a enfermidade truncou a súa aposta de vida. Cunha gran entereza emocional, valentía e sabiduría, fruto das circumstancias vividas, compartiu a súa experiencia animándonos a todos a agradecer cada minuto da nosa vida. Podedes acceder a súa historia premendo aquí
2ª CHARLA:A POETISA LUCÍA NOVAS. Con varios premios a nivel rexional a poetisa e profesora de Lingua Castelán Lucía Novas compartiu con nós os seus inicios como escritora de poesía. Reivindicou a poesía erótica e o dereito das mulleres a falar da súa sexualidade. Deleitounos coa lectura dalgúns dos seus poemas. E animou as nosas futuras escritoras a perseverar no seu soño de chegar a escribir.
3ª CHARLA INSPIRADORA: IRENE MOREIRA . DIRECTORA ESCÉNICA. Irene chegou ao noso centro nun día complicado: acabábamos de recibir a terrible noticia do accidente de tráfico que sesgaba a vida de dúas alumnas e un alumno do IES Mendiño .Amigo e amigas de moitos de nosos alumnos e alumnas. Irene soubo gañarse a atención e conseguiu consola aos rapaces e rapazas afcetados. Comenzou falando da importancia do fracasao e como no seu caso os fracasos conducironna ata a súa verdadeira vocación: a dirección escénica.
Informou sobre os estudos de artes escénicas e fixo unha loubanza a todas as grandes directoras escénicas galegas que están a acadar premios a nivel nacional e internacional:
Marta Pazos, Genna Baamonde, Avelina Pérez, Ana Vallés; como dramaturga destacou a Esther Carrodeguas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario