PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CAMBIA O CONTO

 Que contan os contos que nos contan?

Pedimos aos grupos  de 1º ESO que trouxeran contos intantís que lles contaban de pequenos: Cincenta, Brancaneves, Carrapuchiña Vermella... e analizamos os roles de xénero presentes en cada un deles. 
Estes foron algunhas das observacións sobre os personaxes do alumnado: 

 Os personaxes femininos desenvolven, principalmente, dous roles, como vemos a continuación:
- Por unha banda, temos as protagonistas, que son en xeral personaxes boas, sumisas, inxenuas...
            Cincenta: boa, guapa, sumisa, traballadora.
            Brancaneves: boa, guapa, inxenua.
            Carrapuchiña Vermella: inxenua, indefensa.
            Aurora (Bela Durminte): delicada, dulce, educada, coidadosa, fermosa, indefensa.
            Ratiña presumida: inxenua, fermosa, sumisa, indefensa.

- Por outra banda, temos as antagonistas, que son malvadas, caprichosas, feas...
            Madrastras de Cincenta e Brancaneves: incomprensivas, intransixentes, maltratadoras, malvadas.
            Hermanastras: feas, perversas, consentidas e caprichosas.
   
En canto aos personaxes masculinos, polo xeral encarnan un papel salvador, son os rescatadores das indefensas protagonistas que, grazas a eles, se salvan. Son guapos, galantes, educados, valentes e protectores, e casan coa protagonista, o cal non deixa de ser tamén un xeito de salvala. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario