Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares - CIBES 2015

Do 26 ao 28 de outubro de 2015 tivo lugar na Universidade Carlos III de Madrid o I Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares. O noso instituto formou parte da representación de bibliotecas galegas que alí acudiu.
Nunhas xornadas maratonianas (de nove da mañá a oito e media da noite) debateuse sobre a situación actual da Bibliotecas Escolares e o seu futuro a medio e curto prazo. Bibliotecas de Porto Rico, Venezuela, México, Brasil, Portugal e España, entre outras, estableceron un diálogo apoiadas na súa experiencia.

Este é a ligazón do congreso:
http://www.cibes2015.info/


María J. Fontela Fernández, coordinadora da nosa Biblioteca Escolar durante o curso 2014-15, realizou unha comunicación titulada Una mirada activa al proceso educativo desde la Biblioteca Escolar; con ela tratouse de dar resposta a tres interrogantes:

- a Biblioteca Escolar é útil para calquera tipo de aprendizaxe?
- cales son as vantaxes e as desvantaxes de que o bibliotecario sexa un docente?
- pódese falar de Biblioteca Escolar como ferramenta de aprendizaxe?

A través das distintas actividades levadas a cabo o pasado curso, dunha maneira práctica e didáctica, mostráronse as conclusións alcanzadas.

Todo isto é froito dun intenso traballo en equipo e desde aquí queremos felicitar aos integrantes do mesmo o curso 2014-15 (Ramón Soler, Pilar Dios, Victoriano Cabaleiro, Lorenzo Suárez e Francisco Souto) polo espléndido labor realizado, así como aos demais membros da comunidade educativa (alumnado, docentes, persoal laboral, familiares) que foron protagonistas e fixeron posible este encontro educativo ao redor da Biblioteca Escolar.

PARABÉN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario