PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mochilas Viaxeiras 2013-14

Xa comezan a súa excursión polas casas de Redondela as nosas mochilas! Coma cada ano, levamos unha cada un dos grupos de 1º e 2º da ESO e disfrutámola en familia durante unha semana.


Dentro van:

unha novela en galego e outra en castelán,
dúas películas, unha delas para a xente pequena da casa,
unha revista xuvenil e outra en inglés,
un cómic da nova xeración de banda deseñada en galego
e, como este ano o Proxecto de Biblioteca é Xénero e Identidade, un libro do Concello de Redondela sobre mestras e mulleres redondelás do século pasado.

Tamén vai un Caderniño Viaxeiro no que anotaremos en familia as nosas impresións sobre a actividade.



Recolleremos algunhas citas dos libros e as películas, así que xa as iremos publicando no blog!

No hay comentarios:

Publicar un comentario