Semana do libro

Para celebrar o día do libro tivemos unha semana cargadiña de actividades.
Dous autores visitaron o centro Fran Alonso e Nuñez Singala

Manuel Nuñez Singala naceu en lugo no 1963,veu ao Predo Floriani o luns 22 de abril, para falar sobre o seu libro do Achado do Castro.

 
Contounos que na súa presentación por primeira vez desa obra teatral foi no seu instituto cando el era un pouco maior ca nos,e tamén díxonos que deulle o premio Xiria no ano 1987 uns anos despois editaron o seu libro pero el non decatouse ata que o viu nunha librería.

Tamén nos falou sobre que seus personaxes estaban presentados en parella (Arpexia e o Emperador César ,Soldado 1 e Soldado 2 o primeiro era unha muller ,Carmiñae e Manolitua, Citrón e o Escravo de África ,Catulo e Caleno o llisto e o tonto) e fixo un xogo cos nosos compañeiros cun texto para que visemos o difícil que era interpretar e dende unha diferente interpretación se pode interpretar de diferente forma.
 
Tamén nos conta e mostra unhas fotos das diferentes interpretación da súa obra e nos fala sobre os escenario, que eran moi prácticos para representar,porque so tiña dous escenarios un no bosque cun tronco de arbore no medio e dous arbustos atrás ao lado do tronco e o outro era o Pazo Imperial na Cámara Imperial a rúa dos Gladiadores na esquina con Telefónica en Roma

No hay comentarios:

Publicar un comentario