En colaboración coa campaña da ONG sobre o coltán iniciamos a recollida de teléfonos móbiles para a súa reciclaxe.
Dedicamos unha sesión na biblioteca cos rapaces de 1º ESO A ao documental BLOOD COLTAN , do que vimos os seguintes extractos.
http://youtu.be/6VJ_63TpoLENas minas do Congo traballan en condicións de escravitude milleiros de persoas para extraer un mineral indispensable para os dispositivos móbiles. Este vídeo explica o conflito económico, político e social no que se ven sumidos miles de persoas en especial mulleres e nenos/as.
http://youtu.be/zqs7Pk8wSk4
http://youtu.be/XcrwcrT5DBA
CUESTIÓNS PARA A REFLEXIÓN
1. Para que se utiliza o coltán?
2. Cales son as consecuencias da explotación deste mineral nas minas da rexión de Kivu?
3. Como se extrae o mineral? Cal e o seu procedemento para á obtención final do “ouro negro”?
4. Cales son os nomes da etnias en conflito en Congo?
5. Canto se pode gañar por unha semana de traballo nas minas ou, o que é igual, por un pequeno bote de mineral?
6. Como é transportado?
7. Cales son as condicións de vida nos poboados preto das minas?
8. Cales son as consecuencias para as mulleres e os nenos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario