CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" - 2

2ª sesión: Personaxes principais
Napoleón sempre ten razón. Traballarei máis

Na segunda sesión de A revolta dos animais falaremos sobre os porcos e os cabalos, que son os personaxes principais da novela. Presentan Carla Martínez e Eva Méndez, e os debuxos son, coma sempre, de Iara García, Sara González, Andrea Martínez e Andrés Núñez.


Os porcos representan aos dirixentes da Unión Soviética durante o stalinismo. Carla vainos desvelando o simbolismo do Vello Maior (imaxe de Marx e Lenin, que anunciaron a revolución pero non viviron o stalinismo) Napoleón (que, coma Stalin, se proclama a si mesmo emperador), Snowball (que quere, coma Trotski, estender a revolución coma unha bóla de neve) e Squealer (o policía do réxime).




Os debuxos caricaturizan aos personaxes mediante os bigotes, as insignias e os obxectos que amosan. Por exemplo, aquí vemos a Napoleón cun mostacho coma o do ditador.

A clase traballadora está representada polos cabalos, dos que nos fala Eva. O gran heroe da novela é Boxer, o cabalo estaxanovista, pero entendemos mellor a este personaxe cando o comparamos cos outros cabalos: Clover, a egua escéptica, e Molly, a egua pequeno burguesa.

Na próxima sesión coñecermos a Benxamín, o burro que non era tan burro...



Materiais para descargar

Picade nas imaxes para descargar a presentación e o cartel:


No hay comentarios:

Publicar un comentario