Mindfulness

O noso centro está integrado na rede de programas PROXECTA. Un dos nosos programas é o de Querote +. O equipo da biblioteca quixo colaborar coa organización dunha sesión de Mindfulness para as clases de 4º de ESO.

Posteriormente, dentro da Semana da saúde celebrada do 7 ao 11 de abril, a biblioteca colaborou co Proxecto Interdisciplinar organizando outra sesión cun grupo de 2º de Bacharelato. O noso alumnado aprendeu as técnicas básicas para controlar o estrés que lles provocan os exames.

Dúas terapeutas, Mónica Dios e María Rodríguez, conduciron a sesión na que explicaron os principios básicos da atención focalizada ou mindfulness.




No hay comentarios:

Publicar un comentario