PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Unha viaxe polo mundo dos Dereitos Humanos

   Rede de Escolas de Amnistía Internacional - Encontro con Manuel Martínez-Barreiro   

Mellor acender unha buxía que maldicir a escuridade

 

Nesta actividade colaboramos o Proxecto de Biblioteca 2014-15 Unha viaxe arredor do mundo, o Grupo da Rede de Escolas do IES Pedro Floriani e o Departamento de Filosofía.
   A redacción da noticia fixémola a partir dun texto de Alba Rodríguez (4º ESO B), con contribucións de todo o alumnado de 2º e 4º da ESO.

 

Tivemos este encontro o día 10 de decembro con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos. Este mesmo día todos os periódicos saían co titular: “A CIA tortura os prisioneiros na guerra de Iraq”, e no artigo denunciábase o feito.

   Amnistía Internacional   
Manuel é membro de Amnistía Internacional e explicounos que esta organización loita polos dereitos de todas as persoas.

É unha organización non gobernamental polo que, como non recibe diñeiro de ningún estado, pode actuar con total independencia.
Nace como consecuencia da detención de dous estudantes portugueses que gritaron “Viva a liberdade”, o que lle serviu a Peter Benenson como inspiración para crear Amnistía en Londres no ano 1961.
Posúe 2 premios Nobel e, na actualidade, conta con máis de 3 millóns de membros e simpatizantes por todo o mundo.

   Os Dereitos Humanos   
Posteriormente falounos sobre os dereitos, que son unha especie de coraza e, por sermos persoas, témolos todas/os sen discriminación por razón de raza, sexo, relixión...

Son inalienables e intransferibles: o recoñecemento dun dereito leva ao recoñecemento de todos os demais.
En Francia non se pode dicir “dereitos humanos” porque para eles esta expresión ten un significado distinto e propuxeron chamalos “dereitos naturais” ou “dereitos da/o cidadá/án”.
Os principais pasos que se foron dando en favor dos Dereitos Humanos foron estes:

- Código de Hammurabi, 2000 aC
- Cilindro de Ciro, 529 aC
- Carta Magna, 1215
- Petición de dereitos, 1628
- Constitución dos EEUU de América do Norte, 1787
- Declaración francesa dos dereitos do home e o cidadán, 1789
- Carta de dereitos dos EEUU de América do Norte, 1791
- Declaración Universal, da ONU, 1948
Esta última é a que recolle o que cremos actualmente, e na súa redacción tivo un papel importante Eleanor Roosevelt.

   A noticia do periódico   
Para acabar, Manuel volveu ao principio e leu completo o titular:

A CIA torturou con brutalidade, ineficacia e á marxe da lei
(El País, 10-12-2014).

e deixounos coa pregunta:
Pero… é que se pode torturar sen brutalidade?
Ou con eficacia?
Ou dentro da lei???


   As imaxes   
Fixemos algunhas fotos do encontro, cos grupos de 2º e 4º da ESO, e cando xa rematamos Manuel quedou charlando un ratiño con  Sergio ,  Lara ,  Eva  e  Gabriela , do Grupo da Rede de Escolas do noso centro.

 

Poñémosvos tamén aquí unha presentación que estivemos comentando cos cartaces das accións que realizou Amnistía Internacional nos últimos anos en Vigo:



Formación de usuarios 2014-15

Unha volta polos libros mais lidos do mundo


Coincidindo co tema deste ano do noso proxecto de biblioteca (unha viaxe polo mundo) quixemos levar aos recén chegados ao centro a coñecer aspectos xerais dos oito líbros máis lidos do mundo.
Para elo fixemos un pequeno xogo de asociación dos libros cos seus autores. Sorprendentemente Tolkien e García Márquez foron ós que máis lles costou  asociar coas súas obras.




Seguidamente, o alumnado de 1º da ESO tivo que resolver por grupos dúas cuestións relativas ós fondos  a través de OPAC, internet e busca física dos fondos na biblioteca.































Os gañadores recibiron un pequeno agasallo por ser os máis rápidos en buscar a información requirida. 



 

Poe's World - English literature & Philosophy Project 2014-15

This year's English Literature & Philosophy Project is about Edgar Allan Poe, the American writer who, as you will see, created a new world, the Gothic atmosphere of passion, fear and madness which is now well-known to us through films, music, comic books and, of course, romantic novels.

In our work we'll study the philosophy that's shown in his poems and short stories and we'll try to capture it in our drawings.

The school library will keep us company through our study through this year's project: A journey around the World.

In this PDF tutorial you will find some information on the stories and poems and on the psychological concepts that Poe used before psychologists discovered them, and plenty of links to do your own research:

 
 


You may want to download the Word version, because sometimes links don'k work in ISSUU or PDF. Click on this image to do it:





SAMAIN 2014

A historia de Gabriel Couñago

SAMAIN 2014
Este ano quixemos celebrar o SAMAIN retomando unha antiga historia que ocorreu no instituto alá pólo curso 93-94.

Unha ambientación axeitada na biblioteca foi requisito indispensable para unha ocasión tan especial.






















Tras unha breve introducción á tradición da celebración do Samaín nas rexións celtas




A profesora de Língua Castelá  Sonia Casar contounos a tráxica historia de Gabriel Couñago que foi alumno do noso centro fai xá vinte anos.
E incluso trouxo a súa cadeira cós mensaxes de amor para a súa namorada Andrea D. Amoedo.





















Dúas rapazas do ciclo superior que foran compañeiras de Gabriel aportaron a súa testemuña e contáronnos a súas lembranzas da historia.




Despois todos quixemos escribirlle algunha mensaxe a Gabriel.






Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato - Visita

No Departamento de Filosofía encargámonos, como en anos anteriores, da presentación da biblioteca para 1º Bach. cando está comezando o novo curso.





Utilizamos a documentación que xa subimos nun post anterior e que podedes ver picando nesta imaxe:
En primeiro lugar, aprendemos algunhas das claves CDU (as que utilizamos con máis frecuencia).


Paramos un rato na sección de filosofía para ver os apartados que hai e onde podemos atopar os libros para a actividade de lectura.


A maior parte deles están na sección de
literatura filosófica, que ten a clave 1(82), ou de textos, que ten simplemente o número 1. Pero tamén hai obras na sección de literatura nas linguas clásicas, que ten o número 87, na de literatura americana, no número 821.111, e outras. Así fixemos tamén, como di o proxecto de biblioteca deste ano, unha viaxe polo mundo. Adrián encargouse de facer as primeiras buscas utilizando o buscador MEIGA, mentres mirábamos na pantalla o que ía facendo.



Alicia, que xa é experta, ensinoulle a Candela (e a toda a xente que entrou este ano) a usar o programa de autoempréstito para pedir libros prestados e facer despois a devolución.


Finalmente, entramos nalgunhas páxinas de internet interesantes, como a de OPAC Meiga para facer buscas online ou a de Bibliotecas Escolares para ver as campañas de animación á lectura, as novas da bibliotecas de Galiza, etc.