CHARLAS - O MANIFESTO COMUNISTA 4

4ª sesión: Proletarios e Comunistas (Capítulo 2 da obra)
Cando desaparezan as actuais relacións de produción desaparecerán os antagonismos de clase

O segundo capítulo da obra trata sobre a relación entre proletariado e o comunismo. Marx e Engels contestan a moitas das críticas que se fan aos comunistas e propoñen unhas accións mínimas que deberán liberar o proletariado da opresión.
Hoxe tiñan que falar Carmen Cuntín, Miguel González, Manuel Pérez e Javier Pérez, pero desafortunadamente Manuel púxose enfermo e houbo que explicar a súa parte entre as/os demais. Que te mellores, Manuel!



Miguel analiza as críticas que a burguesía fai ao comunismo: quere acabar coa propiedade, a educación, a familia... pero estes dereitos xa non existen para o proletariado porque a burguesía apropiouse deles para o seu negocio: as mulleres, os fillos, as escolas, as fábricas... son para quen só fai traballo especulativo mentres a quen fai traballo produtivo se lle negan as relacións humanas, a cultura e o progreso.

A unha determinada forma de produción, explica Carmen, correspóndenlle unhas determinadas leis, unha determinada moral, unhas determinadas crenzas. Cando o proletariado teña acceso á propiedade e non haxa unha clase que viva sen facer traballo produtivo a propiedade comunal dos bens será considerada xusta e boa, e non haberá ninguén a quen se lle neguen as vantaxes doo progreso nin a riqueza producida pola sociedade.

Javier fai un resumo das condicións que Marx e Engels consideran necesarias para a emancipación da clase obreira. Comentaranse máis a fondo na 6ª sesión, pero algunhas das máis importantes son as seguintes:
Expropiación da terra
Forte imposto progresivo
Nacionalización de sectores da economía
Obrigación (dereito) de traballo para todos
Servizos básicos públicos

 


Materiais para descargar

Descarga a presentación e o cartel nestas ligazóns:


No hay comentarios:

Publicar un comentario