CHARLAS - O MANIFESTO COMUNISTA 2

2ª sesión: Marx e Engels
Marx era, ante todo, un revolucionario (Engels, ante a tumba de Marx)


A sesión de hoxe, sobre as biografias e influencias filosóficas de Marx e Engels, preséntana Diego Araújo, David Campos, José Miguel Carreira e Manuel Otero.


1. Biografías

Marx e Engels naceron en familias burguesas pero pensaron que a burguesía sería derrocada polo proletariado, que sería o encargado de construír un mundo máis xusto, e abandonaron as súas prerrogativas para tomar o seu bando nesta loita.



Karl Marx (1818 - 1883), cóntanos José Miguel, naceu en Alemaña e morreu en Londres. Viaxou moito para promover a loita obreira pero tamén porque a policía o expulsou de Francia e Bélxica. Escribía constantemente para desenvolver a teoría filosófica do comunismo e para gaña-la vida para a súa numerosa familia.

Manuel resume a vida de Engels (1820 - 1895). Procedente de Gales, coñeceu a Marx en Paris e colaboraron ata a morte deste. Apoiou a Marx en numerosas ocasións, tamén economicamente. Xuntos escribiron moitas das súas obras: O manifesto comunista, A ideoloxía alemá, 11 Teses sobre Feuerbach, O capital.


2. Influencias filosóficas

Engels e Marx recibiron influencias do Idealismo dialéctico alemán, o Socialismo utópico francés e a Economía política inglesa, pero sempre foron críticos con todas estas teorías.



Diego cita aos principais autores dialécticos (Hegel, que pensaba que eran as ideas as que facían cambiar a historia, e Feuerbach) e os utopistas (Saint-Simon, Owen e Fourier, que loitaron por unha mellora da clase obreira pero desde un punto de vista burgués e paternalista).
David explica a influencia dos economistas británicos (A. Smith, D. Ricardo). A economía liberal debía, como o seu nome indica, liberar ás clases máis baixas da tiranía da aristocracia e o control dos gremios. Pero axiña se converteu nun instrumento da burguesía para oprimir ao proletariado. A proposta de Marx e Engels é que a riqueza non sexa propiedade das persoas individuais senón do Estado, facendo así desaparecer as diferenzas de clase.




3. Materiais para descargar

Podedes baixar a presentación en Open Office e máis o cartel da charla picando nas iconas:


No hay comentarios:

Publicar un comentario