galicia e enerxías renovables


Galicia é líder nacional en enerxía eólica e aspira a selo en centrais de biomasa
España, o país europeo máis afastado de cumprir o Protocolo de Kyoto, importa preto do 80% da enerxía que consome. Da xerada en España, Galicia contribúe cun 10%. E aínda que o papel da enerxía termoelétrica segue a ser esencial, o certo é que a comunidade comeza a establecerse como un dos máis avanzados en España na produción de enerxía renovable. Este é o caso da eólica, na que Galicia vai á cabeza da produción nacional sendo a segunda rexión de Europa en produción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario