PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

DEBATE CON ANGEL LUSQUIÑOS

O alumnado de 3º ESO mostrouse moi interesado e concienciado polo problema. Velaiquí as súas preguntas:

1. “Por que non se multa ás empresas que fan verquidos?”
Xustifícanse porque as empresas crean postos de traballo. Nembargantes, según un estudo cada posto do mar crea 7 indirectos en terra.
A celulosa de Pontevedra, por ejemplo, ten só 100 traballador@s e matou a ría de Pontevedra, unhas das zonas máis ricas de marisqueo de Galicia.

2. Se non poden estar ( as industrias) perto do mar, por que están?
Porque teñen a concesión da autoridade portuaria de Vigo.

3. Se o goberno e a Xunta sabenno, por que non fan nada?
Se un concello como o de Vigo permite que o 50% das súa augas vertan na ría por falta dunha depuradora en condicións. Esta situación lévase dando 6 ou 7 anos e a Xunta o permite. Hai unha multa da CEE pendente de moitos millóns se non se resolve a situación.
A Administración prima máis o que a industria que a propia conservación da ría.

4. Pódese voltar a recuperar o litoral despois de trasladar a todas as empresas lonxe do litoral e parar os verquidos?
Rexenéranse con moita facilidade. Despois do Prestixe, a zona de Muxía foi cuberta polo chapapote: os bancos marisqueiros , os pesqueiros a Praia. Como é una parte moi aberta as correntes son mpoi fortes e actualmente é zona A.

5. As illas Cíes son un Parque Natural, por que non se protexen?
Faltan medios para sanear e eliminar os focos de verquidos de orixe industrial ao mar. A Xunta pode ser multada con 200 millóns de euros.

6. Os verquidos non poden ser depurados internamente nas industrias?
Sae máis barato pagar por contaminar. En 2010 houbo unah denuncia polos verquidos das obras do Ave na ría e a sanción imposta á empresa foi de 15.000 euros.

7. Cando se orixinou a contaminación?
Ven de lonxe, cando Pontesa verquía todo en Arcade.

8. No se poñen ás etiquetas a orixe do producto?
Non son moi fiables, hai que dicir que algunas conserveiras traen o meixillón, o berberecho, as ameixas de Chile . Esto supón o 90% do seu producto envasado.

9. Non se obliga ao mantemento das depuradoras?
O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo é o Presidente dunha importante empresa hormigonera.

É preocupante a falta de concienciación do problema. En xaneiro a cofradía de pescadores de Cesantes organizou una protesta contra os verquidos foi frustrante : só asistiron 200 persoas.
VOLTAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario