CHARLA CON ANGEL LUSQUIÑOS SECRETARIO DA COFRADÍA DE PESCADORES DE CESANTES (REDONDELA)

Empezou a charla falando da contaminación da ría de Vigo:

- supera un 15 % os índices permitidos de chumbo - é a ría máis contaminada de Galicia

- toda a ría de Vigo é zona B incluso arredor das Cíes que antes era zona A agora é tamén B

- na ensenada de Baiona é todo zona C.
Precisounos que os pescadores dividen as zonas das rías en A,B ou C segundo a calidade do producto que se pesca:

- nas zonas A pódese comercializar o peixe ou marisco directamente desde a lonxa ao consumidor

- nas zonas B o proceso de depuración é imprescindible antes da comercialización

- nas zonas C o nivel de contaminación é moi grande e o producto non pode ser comercializado.

Falounos concretamente do caso da ensenada de San Simón a que inspirou os primeiros versos da nosa lingua e incluso a autores da literatura universal como Xulio Venre coas 20.000 leguas de viaxe submarino.

Desgraciadamente este cachiño da ría de Vigo está a sufrir unha degradación ambiental importante:

- hai verquidos permanentesno peirao de Cesantes de orixe industrial
- hai un alto grado de metais pesados que non son depurados e que afectan as ventas na lonxa porque a xente non quere compralos
- existe contaminación bacterolóxica procedente de verquidos fecais
- os recheos das instalacións deportivas afectan o equilibrio ambiental da ensenada.

Como consecuencia de todo esto prodúcese un aumento da salinidadeunha disminución do aporte de auga doce deterioro da saúde privatización do medio natural. Ángel engade que a ensenada de San Simón e unha zona de protección ambiental e que forma parte da REDE Natura 2000. Para mellorar a situación compraría un saneamento integral da ría a través de plans específicos: Plan de Usos Deportivos, Plan Urbanístico e Plan de Protección Medioambiental. A través destes plans poderiase acadar unha notable mellora do noso litoral e unha recuperación das zonas máis contaminadas e estragadas polos recheos e os verquidos. VOLTAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario