PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

VISITA PEPE CARRREIRO AO FLORIANI

O luns 7 de novembro, á segunda hora da tarde, visitou o IES Pedro Floriani Pepe Carreiro. Un debuxante, escritor e ilustrador, que ademais de crear "Os Bolechas", fixo unha morea de libros.
Veu ao instituto a impartir un obradoiro de cómic e a analizar e a falarnos sobre o libro Historia da lingua galega. Versión para xente madura. Contounos que o fixo o ano pasado e tamén nos comentou un resumo básico del.
Nós miramos con atención a facilidade deste artista. Debuxounos moitas cousas, a maioría eran personaxes do libro que escribiu; pero tamén nos debuxou a Zapatero, a Rajoy e a moitos máis. Nós propuxémoslle que intentase debuxar a Patricio, un personaxe dunha serie de debuxos animados, pois saíulle bastante ben.
Quedamos bastante abraiados ao ver como facía para idear eses personaxes con tan poucos trazos e a maneira de ver o mundo da caricatura.
Pasámolo bastante ben e, ao terminar o obradoiro, Pepe Carreiro asinounos os libros que trouxeramos para iso. Debuxounos a todos algún animal e asinounolo.
Xa me gustaría a min debuxar tan ben e rápido coma el... Ver máis fotos.Andrea Míguez Collazo 2º B de ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario