Primeiro adornamos a Biblioteca con tiras de cores da CDU diante do estante correspondente á cada sección. Unha banda marrón diante de enciclopedias e diccionarios, unha banda azul clariño diante de Filosofía, unha de cor vermello diante de Relixión, unha de cor verde diante de CC.NN etc….
Cando o curso chegou a Biblioteca explicouselle os códigos de cor da CDU , así como as diferentes seccións da Biblioteca : cómics, pelis. Deronselle indicacións para a busca no OPAC meiga do catálogo da nosa Bilioteca. Despois da pequena charla dixemoslles que tiñamos uhna sorpresa que viña de moi lonxe e que estaban agardanda na sá de profes.
A sorpresa eran dúas alumnas de 4º da ESO que están a estudar Cultura Clásica: Pilar Álvarez e Maria de la Fuente quenes viñeron da antiguedade para colaborar con nós nesta tarefa.
Co seu atuendo greco-romano explicáronlle aos rapaces e rapazas quen foi Ulises e como foi a súa travesía e peripecias polo Mediterraneo.
Para que fora máis ilustrativo elaboramos un mapa onde cada unha das paradas de Ulises correspondía a unha cor da CDU, de maneira que o mesmo tempo que aprendiamos sobre as desventuras da persoaxe mitolóxica tamén aprendiamos a identificar as diferentes seccións da Biblioteca.
Despois da pequena introducción viu o máis divertido: o xogo da busca de libros relacionados co mar en todas as seccións da biblio.
En grupos de tres ou catro persoas rapaces tiñan que facer unha busca exhaustiva dos libros, ben utilizando o OPAC Meiga no ordenador, ben facendo a propia busca na Biblioteca.
Para elo, Pili e María, as nosas invitadas, dispuñan dunha serie de pistas que ian proporcionando pouco a pouco a cada grupo.
Unha vez atopados os libros ( cada grupo tiña que atopar dous) dábaselles a pieza dun puzzle que representaba a Ulises. O xogo remataba se todos os grupos atopaban os títulos e o puzzle completábase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario