PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CLUB LECTURA MIXTO 7ª SESIÓN: CADÁVER EXQUISITO

Bruno Bettelheim: Psicanálise dos contos de fadas

O venres 6 e o xoves 12 de maio tivemos as sesións do Club de Lectura Mixto sobre a obra de Bruno Bettelheim, Psicanálise dos contos de fadas, e o obradoiro de escritura colectiva, Cadáveres exquisitos.



A primeira sesión: discutimos o libro

Que validez ten hoxe a psicanálise? Fátima, profesora de física e química, pensa que para unha persoa acostumada ao traballo científico non é aceptable facer afirmacións como que “O cazador representa ao pai” ou “A tempada que Brancaneves pasa cos ananos representa o complexo de Edipo e o período de latencia”.

Moncho, de filosofía, di que os contos non son obxectos que están aí e atopamos na natureza, senón que foron construídos, a través de séculos, por persoas que volveron contalos unha e outra vez e engadiron cadansúas preconcepcións sobre o mundo e a sociedade. Por iso atopamos eses símbolos nos relatos.

Andrea, de xeografía e historia considera esaxerado o nivel de análise. Todo o mundo entende que cando lle contas o conto de Carrapuchiña a unha nena ou un neno estaslle transmitindo algunhas valoracións como que ten que ter coidado coas persoas estrañas... pero atopar todas as categorías psicanalíticas en cada conto é unha esaxeración.

Comentamos tamén por como cambiou o mundo desde a época dos irmáns Grimm, como eses relatos nos parecen agora sexistas, violentos e atemorizadores para nenas e nenos, pero tamén como os temas volven unha e outra vez, e como os contos, con máis ou menos corrección política, tratan sempre dos medos, de como orientar á infancia sobre o que é a vida, sobre como poden vivila.

Noutra orde de cousas, comentamos a importancia doutras obras clásicas de investigación sobre contos: A pola dourada, de J. Frazer, e a Morfoloxía do conto, de V. Propp.

A segunda sesión: os Cadáveres Exquisitos

Fixemos a nosa versión dos Cadáveres Exquisitos. Liliana, profesora de ligua castelá e literatura, explícanos que a técnica foi desenvolvida por André Breton e as/os surrealistas para facer relatos creados colectivamente. Aínda que o resultado en moitas ocasións tivo un interese moito máis teórico que estético.

Nós fixemos dous montóns de palabras (un de substantivos e outro de adxectivos) e había que escoller un de cada montón, ao chou.



Coas dúas palabras cada quen tiña que facer unha frase ou pequeno relato.


Finalmente, limos os relatos.


Aquí tedes os resultados:


No hay comentarios:

Publicar un comentario