PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CLUB LECTURA 4º ESO. 8ª SESIÓN: Á LUZ DAS CANDEAS

Retomamos a vella tradición da transmisión oral da narrativa popular da man do gran contista Ánxel Fole, tentando aclimatalo, mágoa dunha lareira!, con candeeiros que provoquen a escuridade precisa para alentar o medo.
Desta vez, é a profesora a que, a falta dun contacontos profesional, le “Aleluia”, á luz das candeas, do libro de relatos Á lus do candil.
O que ignoran os clubeir@s é que contamos cun especialista en efectos especiais de moito talento. Santi Piovene, que xa tiña lido estes relatos, axudou a acelerar o ritmo cardíaco dos seus compañeiros, mesmo houbo berros, coa imitación do “ta, ta, ta…” do caiado no chan batendo estrondosamente unha porta ou cando o “Pan!...” dunha porta que se abre converteuse no pesado volume 1 do dicionario Gran Xerais caendo no chan. Descubrimos, ademais doutra funcionalidade dos dicionarios, que, ademais dun bo conto, os efectos especiais son esenciais para conseguir empatizar coa historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario