MADAME CURIE, ALTRUÍSMO E INVESTIGACIÓN DESINTERESADA
Feito por Rebeca González, Persoal Administrativo do centroO pasado día 15 de novembro celebrouse unha xuntanza do club de lectura na que o tema a tratar foi a premio Nobel “Marie Curie”. Para elo, os membros do club limos un libro sobre a súa biografía e tamén miramos unha película na que se plasmaba en imaxes o que antes leramos.
A reunión foi moi amena e interesante xa que entre o membros atópase a profesora Fátima Estévez que nos acercou, con anécdotas e comentarios, un pouco mais á súa vida.
O que mais me sorprendeu foi, por unha banda, o seu
altruísmo á hora de traballar e que a súa
motivación estaba baseada soamente en
axudar á humanidade cos seus logros e
non no seu progreso persoal, acadando un recoñecemento ante os demais, ou económico, incrementando o seu patrimonio, pois a súa vida era moi austera aínda que coas patentes dos seus descubrimentos podía haber vivido acomodadamente. Sen embargo, tanto ela como o seu marido facilitaron as súas investigacións a todo aquel que estivera interesado.
E, por outra parte, os
escasos medios cos que tiña que traballar. De feito na película amósase o precario laboratorio no que traballaba, que mais ben era un alpendre, e os materiais que utilizaba, pois apréciase como no laboratorio se acumulaban grandes montañas de mineral do cal soamente se chegaba a extraer un gramo de radio.
Destacouse no faladoiro que foi unha
muller pioneira en diversas cousas, pois foi a
primeira en ser Premio Nobel, ademais foino
dúas veces, en
impartir clases na Universidade da Sorbona, etc., ademais de
romper cos prototipos de muller-esposa-nai da época.
Penso que o que si nos quedou claro a todos os membros do club de lectura foi unha cousa: A impagable herdanza que nos deixou no campo médico e que hoxe todos damos por feito pero que foi o logro de toda unha vida xenial dedicada a ciencia, a cal debemos estar moi agradecidos.
Referencias das obras citadasGordon, Mercedes: María Curie, la descubridora del radio