PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

OBRADOIRO DE HIP-HOP

Recibimos un obradoiro de hip hop impartido polo beatboxer Carlos Gende, quen, aos seus vinte e seis anos, xa traballou con grupos de gran importancia en Galicia como “Deus que te criou”, entre outros.
Tras a súa visita ao noso centro, ampliáronse os nosos coñecementos desta cultura. “Hip hop” é esencialmente unha das ramas do beatboxing, que consiste na imitación de distintos sons coa boca, principalmente de instrumentos e caixas de ritmos.
Logo dunha pequena introdución desta arte, amosounos distintas improvisacións, utilizando diversos aparellos electrónicos.
Ante a dificultade da práctica desta rama, ensinounos técnicas coas que facer unha base para un ritmo de rap mediante a pronunciación de diferentes vogais.

Úrsula Lonrenzo Míguez (4º A de ESO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario