PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

PRESENTACIÓN DE COMICS: KAFKA PARA PRINCIPIANTES

Cómics e Mundos Fantásticos: Kafka para principiantes, de David Zane Mairowitz (Texto) e Robert Crumb (Debuxos)
Por: Emilio Lorenzo, 1º Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía

Para coñecer autores dos que doutro xeito quizais non lerías nada

Emilio cóntanos a historia de Kafka, marcada por un pai tiránico. As súas vivencias infantís nótanse na súa vida, na dificultade para relacionarse con mulleres, e na súa obra, na que os personaxes loitan sen éxito contra o absurdo da vida en sociedade, das
leis imposibles de cumprir. Os seus principais títulos son A transformación, O castelo e O proceso.
A colección “... para principiantes” ten volúmenes dedicados a moitos temas e autores dos que non leríamos quizais moitas cousas. Aquí están facilitados polos debuxos e a forma de cómic. Emilio falounos tamén de Freud para principiantes, Anarquismo para principiantes e a súa próxima lectura: Antropoloxía para principiantes.

APRENDE A USAR O BUSCADOR MEIGA

Quero atopar todos os libros da colección “...para principiantes”
...Buscar por: Frase ou texto // En: Título // (Criterio de busca): para principiantes
Aparecen as fichas dos libros, pero tamén outros que non son da colección e que inclúen esa expresión no seu título.
O verdadeiro nome da colección é “Documentales Ilustrados” , da editorial arxentina Era Naciente, así que para obter un resultado máis preciso busca por Frase ou Texto en Serie “Documentales Ilustrados”.
Ir directamente ó resultado: Obras con "para principiantes" no título, Obras da serie "Documentales ilustrados"

Quero atopar todos os libros de filosofía presentados como cómic ou libro ilustrado
Buscar por: Frase ou texto // En: Materia // (Criterio de busca): COMIC FILOSOFIA
Aparecen as fichas dos libros. Ves que, ademais dos libros “...para principiantes” hai tamén un cómic sobre Epicuro (cun debuxo excepcional, de Kieth, Oliff e Sinclair) e dúas enciclopedias con ilustracións para iniciarte na filosofía.
Ir directamente ó resultado: Cómics de filososfía



No hay comentarios:

Publicar un comentario