PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

PRESENTACIÓN DE COMICS: MARÍA Y YO

Cómics e Mundos Fantásticos: María y yo, de María Gallardo e Miguel Gallardo
Por: Sheyla Fernández, 1º Bacharelato Humanístico

María ten unha afectividade moi grande pero exprésaa doutra maneira

María é unha rapaza única, coma calquera persoa. É autista, e este libro conta unha viaxe que fai co seu pai a Canarias.
Explícanos Sheyla: “Séntese máis segura cando pode realizar as súas rutinas, que seu pai lle lembra mediante pictogramas, e disfruta repasando as fotos de persoas que lembra con detalle despois de moitos anos. O cómic non é o típico cómic que poderías esperar, con debuxos en viñetas, senón que todo nel reproduce o xeito en que María ve o mundo e a vida.”
Abrindo o tema a outros aspectos clínicos, presentou tamén “Arrugas”, un libro de Paco Roca sobre o Alzheimer. Cun deseño moi distinto, cheo de cor, humor e detalles, o autor fainos sentir a perda cando vemos que ata os propios trazos da cara dos persoaxes se van esvaendo e o libro nos deixa no branco da fumeira dun tren que desaparece nunha curva, entre as montañas.

APRENDE A USAR O BUSCADOR MEIGA

Quero atopar todos os cómics de tema ético que hai na biblioteca
...Buscar por: Frase ou texto // En: Materia // (Criterio de busca): COMIC ETICA
Aparecen as fichas dos libros. Outra busca interesante é a de todos os cómics de tema histórico.
Ir directamente ó resultado: Cómics de tema ético
Ir directamente ó resultado: Cómics de tema histórico




No hay comentarios:

Publicar un comentario